Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comercio na rúa

viernes, 13 de septiembre de 2013
Camiñando por Lugo, ás veces recibimos a sorpresa de que os comercios saen ao exterior como buscando, provocando, aos compradores en lugar de agardar que entren nos seus establecementos impulsados polos deseos de comprar. Neste caso, o feito de saír ao exterior provoca entre o público ese desexo de mercar, pola contemplación de mercadorías coas que non contaban, ou non pensaban adquirir.

Magoa que o clima de Lugo non o permita, senón o de sacar as mercadorías á rúa en lugar de telas no interior dos comercios había que facelo máis veces, visto o resultado obtido nesta e anteriores edicións dunha campaña de nome extraño para nós (Street market), que non debe significar outra cousa que mercado na rúa.

Nestes tempos de penuria, os comercios teñen un importante déficit de clientes e de compras, sendo convinte organizar accións que renoven o aire, provoquen animación e chamen a atención dos posibles compradores.

A acción é tan sinxela como que cada comercio que desexe participar saque ao exterior das súas instalacións, á rúa ou praza inmediata, unha mesa ou calquera artiluxio que permita colocar sobre el as existencias que se queiran vender. E o bo tempo, a animación case festeira, a curiosidade e o rebumbio farán o milagre de que as vendas funcionen e se peche cada edición cun balance moi favorable e un resultado perfecto.

Unha vez ao ano parece pouco para unha campaña así, e quizais unha vez ao mes na época do bo tempo sería axeitado como datas de referencia, menguando algo na temporada de inverno porque as condicións climatolóxicas poden dificultar saír ao exterior coas existencias dos comercios.

As rúas téñense acreditado como lugar perfecto para as festas, para a vida social, para a hostelería, e agora tamén para o comercio. O que queira vender ten que facer cousas diferentes. Esta, parece unha ben boa iniciativa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES