Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguimos en Bizancio

miércoles, 26 de junio de 2013
Escoitando os informativos das radios, vendo os programas das televisións ou repasando os xornais, vénseme ao maxín o acontecido mediado o século XV en Bizancio cando políticos, teólogos e filósofos tiñan como primeira preocupación e motivo de debate saber se os anxos tiñan ou non sexo, e –no caso de telo- se era masculino ou feminino. En tanto, nos arredores da cidade acampaba o exército turco para conquistar a capital do cristianismo de oriente, matar aos seus habitantes e repartirse as súas riquezas. Desde entón, considérase “bizantino” calquera debate sobre unha cuestión baladí.

E eu non podo evitar lembrar a vella cuestión diante do bizantinismo que reina nas nosas institucións, desde a primeira ata a última, desde o máis modesto concello ata as cámaras parlamentarias onde poden perderse en disquisicións sobre algunha palabra, o máis mínimo roce, detalles que son minucias mentras non se abordan os temas que todos agardamos que sexan estudiados, se decida sobre eles e se procure a súa solución.

Parece como se aos nosos políticos as árbores non lles deixasen ver o bosque, e os pequenos asuntos de cada día, os temas personais, locais, accesorios, ocupasen toda a súa atención e quedasen satisfeitos abordando “bizantinismos”, cuestións de orden ou de procedemento, sen abordar os temas que preocupan na rúa, e a todos nós.

Posiblemente coiden, mentras debaten sobre modernas cuestións parellas á determinación do sexo dos anxos, que no exterior das súas cámaras ou salóns de plenos, non existe un exército que faga derrubar os muros intanxibles das súas posicións. E sen embargo si que existe ese exército que a todos nos atenaza, a eles tamén; que segue minando as forzas e as bases da sociedade, que segue atacando a convivencia por atacar o noso xeito de vivir, que pode derrubar – por cansanzo, malestar e desesperanza – muros que ata agora consideramos infranqueables.

Se saen ao exterior e falan coa xente, comprobarán que a nós, os seus representados, non nos preocupan as mesmas cousas. E a eles –bizantinismos fóra- debe preocuparlles o que nos preocupa a nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES