Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O maltrato ás mulleres

lunes, 26 de noviembre de 2012
Ultimamente vense falado moito do maltrato. Os medios de comunicación bombardéanos co maltrato de todo tipo principalmente sobre os más indefensos: anciáns, mulleres, nenos…

A UNED Senior de Xestoso sente unha sensibilidade moi especial sobre este tema; principalmente no tocante ó maltrato das mulleres.

Ninguén pon en dúbida que a vida da muller está dando cambios moi significativos no tocante á súa traXectoria persoal, académica, social, familiar, afectiva, laboral, etc.

Non se entende como puido estar aletargada tanto tempo. Non se entende como a sociedade non a reclamou desde un principio. Non se entende, non se entende…

Un feito fundamental na historia actual dos paises desenrolados, foi a incorpración da muller á vida académica. Ata hai ben pouco había quen pensaba que o cerebro da muller non valía para os estudios porque non daba a talla, porque era máis pequeno que o do home, porque pesaba menos, etc.

Hoxe é o día no que esas teorías están completamente descartadas. Está demostrado que non tiñan ningún rigor científico. Era un pretexto que usaba o xénero masculino para dirixir e gobernar o mundo ó seu antollo, ó tempo que aproveitaba todo o que podía a valía da muller noutros campos; pero sempre supeditada ó seu servizo: como ama de casa, como administradora do fogar, como nai, como esposa, como amante, como brazo de traballo no campo o una fábrica, como criada e un longo etc.…

Outro feito fundamental son os medios de planificación famillar que permiten o acceso á maternidade de acordo coa situación persoal, familiar, emocional e laboral da muller.

Afortunadamente e grazas á valía e tesón dela –e de moitos homes colaboradores- a súa imaxe deu un volco moi grande. Moitas mulleres conseguiron desenrrolar as súas capacidades en diferentes campos: arte, literatura, ciencia, medicina, política, etc

Tamén é certo que queda moito por facer e que moitas mulleres do primeiro, do terceiro e do cuarto mundo aínda teñen ese camiño por recorrer. Pero estamos en situación de decir que a muller de hoxe en día vai ben encamiñada.

Pero…
¿Cales son os inconvintes de que a muller vaia ben encamiñada?
Unha sociedade madura e civilizada non debería poñer obstáculos a que máis da metade da población vira realizados os seus dereitos de independencia e autonomía económica, social e persoal.

O problema está en que a esta sociedade principalmente a masculina, fáltalle moito para ser madura e civilizada. Moitos homes levan “programado” o modelo de muller e de sociedade de tempos pasados.
Rebélanse a aceptar que a muller poida ser unha persoa normal, que faga unha vida normal: que poida traballar fóra da casa, que poida ter liberdade de decidir o que lle convén, que poida opinar, que poida mandar, que poida dirixir… Nunha palabra que poida realizarse como persoa.

Por outra banda non tódolos homes están educados para este novo ritmo de vida. En xeral non foron preparados para cousas tan elementales como: os labores do fogar, a cociña, a organización da vida diaria, o coidado dos fillos, a administración dos cartos, etc,

Cando por circunstancias da vida mesma, coinciden baixo un mesmo teito un home e unha muller das caracterísiticas descritas anteriormente…
¿Qué pode pasar?

O mellor que pode pasar é que entren en razón e saiban complementarse aportando cada un todo canto máis poida, tanto fóra como dentro do fogar, sen prexuizos, en igualdade de condicións, considerando a vida en común como un todo no que tódolos membros da familia aporten o mellor de si para que que –salvando os seus máis e os seus menos- a unidade familiar siga adiante con moito amor, alegría e harmonía.

Cónstame que hai familias que o consiguen. Coñezo familias nas que cadaquén ten atribuida a súa parcela no fogar. Coñezo familias nas que se turnan. Coñezo outros casos que están tan ben coordinados que fan as cousas xuntos. Coñezo familias nas que habitualmente o home é o cociñeiro.

Son familias exemplares. Grazas a elas a sociedade vai o ben que vai.
Tamén pode pasar que non haxa esa convición e que cada un vaia facendo ou deixando de facer dun xeito máis ou menos solapado.

Van tirando así día tras día, ano tras ano. Estas son as familias que máis abundan. Van ós sitios xuntos. Aparentan ser parellas ben levadas…pero no fondo o único que fan é soportarse porque seguramente non naceron un para o outro, ou non se deron conta a tempo ou non foron o suficientemente valentes para poñer fin a esa situación.

Pero o caso máis tráxico dáse cando polas circunstancias que sexa, non encontran maneira de entenderse pero considéranse algo así como unha propiedade.

Hai quen pensa que cando se casa, a súa parella pasa a ser unha propiedade que lle pertence en exclusiva e que pode utilizala como un obxecto.

E cando esa persoa quere ter un espazo propio, xa salta a chispa. Salta a chispa hoxe, salta a chispa mañá… chega o momento que salta cada día e a convivencia faise costa arriba.

Empezan os malos pensamentos, logo as malas palabra e logo as malas accións….e chega o día que reventa todo polos aires.

Aparece a noticia na prensa:

“Muller de tal sitio de tantos anos, aparece morta no seu domicilio, supostamente, a mans do seu marido” (moi raro é o caso contrario)
Comprobada a veracidade do homicidio: ela vai para o cemiterio, el a un centro penitenciario, os fillos a un centro de menores, o resto dos familiares destrozados, a sociedade conmovida… Un desastre hoxe, outro dentro de quince días, outro no norte, outro no sur…

¿E que exemplo damos ás xeracións vindeiras?
¿É esta a maneira de conseguir un mundo mellor?

A UNED Senior de Xestoso rexeita con tódalas súas forzas esta maneira de proceder e desexa manifestar:
1º.- Que a vida é sagrada e todos temos dereito a ela.
2º.- Que se solucionan máis problemas perdoando que matando.
3º.- Que cando se comete un homicidio, as consecuencias marcan para sempre a vida do asesino e a dos seus descendentes por moitas xeracións.
4º.- Que pedimos en voz moi alta e clara que non haxa máis violencia de xénero. O sangue das mulleres asasinadas, claman ó ceo.
5º.- E que homes e mulleres; mulleres e homes: todos somos criaturas humanas con igual dignidade.
¡Apoiémonos mutuamente! ¡Necesitámosnos!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES