Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Réquiem pola TV local

miércoles, 14 de noviembre de 2012
Parece como se esta crise que está levando anacos da nosa existencia quixese arrasar con todo o que significou nas nosas vidas modernidade e progreso. E pechan medios informativos, e aletárganse outros, e tomamos conciencia de que as nosas posibilidades de visión se restrinxen despois de abrirnos os ollos cara un mundo diferente.

A primeira das televisións locais que apareceron en Galicia foi a local de Ponteareas onde o alcalde Castro se “mollou” a conciencia, demostrando saber ver as potencialidades do medio. E despois de Ponteareas, todas as demais, municipais ou privadas, sendo a de Lugo en 1994 unha das pioneiras nas grandes cidades de Galicia.

A nova de que pecha Canal Tea, co despido dos seus once traballadores, é unha mala noticia para Galicia pero especialmente para un medio que foi a gran esperanza da información, da democratización do acceso aos medios televisivos, un medio barato xa que estamos a falar (neste caso) de arredor dun cuarto de millón de euros ao ano de orzamento, e un medio imprescindible nestes tempos para estar en contacto coa realidade do contorno do televidente.

Son malos tempos para a lírica, pero non imaxinaba que fosen tan malos como o que este peche denota. Pero eu sigo crendo que a televisión local é o presente e o futuro, sabendo levala, programando de acordo coas necesidades dos televidentes, planificando e controlando os gastos ao máximo, facendo unha economía de guerra para conseguir resistir os tempos difíciles.

Non serei eu o que entoe un réquiem pola televisión local. Os que están cantando ese Réquiem son outros, que non saben a música nin a letra.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES