Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 09 de mayo de 2024
A estrutura dos pensamentos

Quixen estudar a estrutura dun latexo ó atoparme ante unha habitación en penumbra para poder comparalo cun salouco no momento xusto en que se abre a porta. Era practicamente o mesmo! Moi semellante ó momento no que un queda abraiado cando debuxa ou imaxina o desexo bambeándose desde os recantos dos sentimentos. Sempre haberá momentos nos que o tempo se deteña e o silencio deite sobre un feixe de barullo ou sobre unha gabela de algareo.
Pingas de Orballo Sempre haberá latexos que se aceleren e salaios que se escoiten máis alá das paredes da habitación, dos recunchos dos soños. Aí, o silencio daralle paso ó ruído e os xemidos serán coma berros secos pero suorentos. Agora, cada quen que rode, que grave, que dirixa a súa propia película.
A estrutura dos pensamentos está disposta de tal maneira que do verso saltamos á estrofa e desta a todo o poema, da frase pasamos ó parágrafo e deste a toda a novela. Hai historias que non necesitan capítulos, nin películas que precisen rodaxes en exteriores.
O interior dunha habitación en penumbra é o máis apropiado para rodar ese guión que se escribiu sobre os latexos dun corazón e os saloucos dos sentimentos. Sairá ben ou mal o filme, pero aí está toda, absolutamente toda a estrutura dunha historia que se planificou baixo a tenue luz dunha algarabía silandeira, aínda que semelle unha contradición. A estrutura é "esa maneira de estaren dispostas e organizadas as diferentes partes dun todo, sendo esas partes dependentes do todo, así como solidarias e dependentes entre si".
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES