Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Todo por saír / Vivo no número 13

miércoles, 21 de julio de 2021
Todo por saír

Rematou a etapa do Tour e saín. Saín porque teño que saír. Se me quedo igual afogo de angustia ou morro de desesperación. A etapa do Tour acabou no alto de Luz-Ardiden. Durante uns 50 metros soñei, soñamos con Enric Mas, pero cando Pogačar arrincou, alá foi, xa rebentou ós tres que o acompañaban. Enric Mas entraría finalmente de cuarto. Non obstante, foi bonito soñar durante uns segundos, uns bonitos segundos.
Pingas de Orballo: Todo por saír / Vivo no número 13Para saír prepareime ben. Ou armeime; case mellor. Auriculares ós oídos para escoitar unha mestura de temas musicais que poden ir desde unha banda sonora ata Metallica; ou desde Glenn Miller deica Fuxan os Ventos ou Guadi Galego ou Víctor Manuel ou Bruce Springsteen ou The Teta's Van, ou Dizzy Gillespie... Coloquei o bozo sobre a cara e gardei no peto do pantalón a lista da compra. Só son catro cousas xustas, pero teño que anotalas. Se non as anoto, ó mellor, cando chegue ó supermercado, xa non lembro nin a primeira. A miña memoria xa non é o que era. Para min que quere cabalgar xa polas pradarías do meu cerebro o puto alzhéimer. Por isto do alzhéimer tan é bo que saia: para lembrar ben o camiño polo que transito. Teño medo a que se me esqueza. E se non sei por onde vou, non podo saír. Se non saio sufro, peno, afogo, morro.
Mañá hai de novo outra etapa do Tour de Francia e ó rematala, máis ou menos, levarei a cabo a rutina de hoxe. Todo por saír. Non vaia ser o demo que...

Vivo no número 13

Joaquín Sabina seica vive no número 7 da calle Melancolía e eu vivo no número 13 da rúa Estreita, no planeta Sulfido XXX (tres xes), que está a case infinitos anos luz do voso planeta. Parte das vacacións si as paso pola zona do Monument Valley intentando cazar desas cobras velenosas que fan ruído co cascabel ou axóuxere. A min aínda que Pingas de Orballo: Todo por saír / Vivo no número 13me mordan non me envelenan. Porque a min non me envelena ninguén nin calquera cousa. Desde que vivo no planeta Sulfido XXX un remanso de paz aboia polas miñas entrañas. Antigamente, nas vacacións, cazaba indios e cando se extinguiron boteime ós búfalos, que non tardaron tampouco en desaparecer das pradarías do voso planeta. Por iso me dedico agora a eses bífidos velenosos.
Outra parte das vacacións (seis rilas, seis meses vosos) asento nas Mestras de Baños de Molgas. Recomendoume o lugar un veciño alieníxena que, de cando en vez, seica visita a un paspán medio escritor desa vila. A verdade é que tal lugar non o temos no meu planeta, no que só hai coios enormes e algún que outro lóstrego que, ó bater no chan, quedou teso. O meu planeta non é que sexa moi bonito, pero aínda así, por veces, nas vacacións, bótoo de menos. Cando me deprimo achégome deica o Alto da Lomba (tamén en Baños de Molgas) e bótome ás boleiriñas por Sudalomba abaixo. E se a depresión é moi grande, non me importa regresar a Sulfido XXX, a onde chego en tres rilas (tres meses vosos). Vivo no número 13 da rúa Estreita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES