Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Coa axuda das bombas de palenque

sábado, 06 de junio de 2020
Estudei Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca e rematei a carreira realizando unha tese sobre a composición, distribución ou situación dos versos, ou sexa, por que un verso vai por debaixo do outro. Ó final, e como todos sabedes xa, fíxenme astronauta. Porque Pingas de Orballo: Coa axuda das bombas de palenquefóra do meu entorno natural (chamémoslle familiar, social, comunitario...), só hai dúas cousas polas que morrería a gusto: escoitar o ruído do mar e viaxar polo espazo sideral. Os astronautas, xeralmente, parten ou despegan desde Cabo Cañaveral, alá nos Estados Unidos; pero segundo o meu amigo alieníxena aterrou na Pitediña, en Baños de Molgas, por que eu non podería despegar desde aí ou incluso desde o alto da Chaira. Dito e feito, con medio cento de caldeiros de lata armei unha pequena nave espacial. Marchei a Xinzo de Limia a mercar un cento de bombas de palenque; para buscar axiña ó meu amigo Isauro Romero, que tiña algo de fogueteiro. A ver, de algo lle tiña que valer ser o fogueteiro oficial da misa e da procesión do San Salvador de Baños de Molgas. Púxeno ó tanto do asunto e, que queredes, fíxolle ilusión. Marchamos para a Pitediña e antes de meterme no foguete, pillei unha rula que había alí nunha silveira para que fose testemuña da miña fazaña, e por algo de compaña, todo hai que dicilo. Sabía que a xente, por se aquel, contemplaba o despegue desde o cemiterio parroquial, que eran as mellores vistas. Díxenlle a Isauro que ás en punto lle puxera mecha ás bombas de palenque. Deille un bico á rula, escoitei o estrondo e as bombas de palenque mandáronme ó espazo infinito.

Lume que queima
Quero escapar do lume que me queima e só teño a opción de soprar para avivalo máis. Serei pasmón! Non obstante, tiven a opción de lanzarme de cabeza ó río Arnoia e, nel, para máis aquel, case afogo. Vou de mal en peor! Así e todo, vin como as lapas da conciencia bailaban por enriba da auga esperando a que asomase a cabeza. Maldita sexa! Tiven que facer de tripas Pingas de Orballo: Coa axuda das bombas de palenquecorazón, aguantar a respiración e facer unha transfusión de aire cunha tartaruga ou sapoconcho que vin entre as carrancoñas dun amieiro da Pitediña. Por varias veces, por certo. Porque as lapas do lume que me quería queimar non se apagaban. Eu ben sei que me querían chamuscar coma un porco no San Martiño. Pero de algo me ten que servir o saber como circula a mente polos perendengues dos soños e o desexo polas asaduras da alma. Alguén dirá que non teño alma ou que non preciso ningún anhelo. Eu ben sei en que fregado me meto. Ninguén me vai dicir que colla o camiño dos Poulos se eu quero ir polo carreiro do Piual. E non me fagades berrar polos sentimentos que levo dentro! Porque non teño ningún impedimento en deixarme abrasar mentres berro. As lapas semella que se van e pouco a pouco ergo das augas do Arnoia. Acordo, e somerxo de novo para darlle un bico na coiraza á tartaruga. Porque é de mal nacido non ser agradecido. Mais eu, por agora, son un corazón que se tende sobre a alfombra azul dun amor e sobre o branco sorriso dun agarimo. Marcho coa ollada perdida e cun pequeno asubío asomando polos meus beizos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES