Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O valor dunha criaturiña

jueves, 22 de marzo de 2018
Poderíamos dicir que hai preguntas absurdas.
Certamente: esta é unha delas.
Preguntar canto vale unha criatura é absurdo.
Unha criatura non ten prezo.
Unha criatura ten un valor incalculable.

¿Por que mo pregunto?
Porque nestes tempos danse demasiados casos nos que alguén usa as criaturas como obxectos de escaso valor.
¿Por que e para que?
¡Quen sabe!
Eso si, seguro que con moi malas intencións.
E para facernos sufrir, tamén.

Véñenseme á memoria as últimas criaturas desaparecidas.
Eso sen contar outros moitos casos de tódalas idades e, principalmente, do xénero feminino.
Digo as últimas porque desgraciadamente é problable que non sexan as derradeiras.
Estas noticias pártenlle o corazón a calquera.
¿É posible que estea tan enferma esta sociedade?

¿Onde está o límite entre a enfermidade mental e a maldade?
Moito traballo para os psiquiatras e para os psicólogos; pero a tódalas persoas de boa fe tamén nos dá moito que pensar.

-¿CANTO SUFRIRÁN ESAS CRIATURIÑAS CANDO AS “ARRANCAN” DO SEU ENTORNO NATURAL?
A súa dor deber ser incalculable.
¡Anxiños!
¡Que culpa teñen elas!

-¿CANTO SOFREN AS FAMILIAS AFECTADAS?
Non teño palabras que poidan describir tanta dor.
Seguramente quedarán afectadas para a vida e quen sabe se por varias xeracións…
A min sángame a alma cando teño noticias tan tráxicas.
A miña cabeza non o comprende e o meu corazón tampouco.
A cousa non é para menos.

-¿QUÉ HABERÍA QUE FACER PARA QUE ESTO NON OCORRERA?
Non teño nin idea porque nin sei as causas nin o que levan no seu cerebro algunas persoas.
As persoas que chegan a facer esas atrocidades tamén foron nenos no seu día.
¿Non se lles pasará pola mente o que sería delas se alguén fixera o mesmo con elas na súa tenra infancia?

Non.
Seguramente nin pensan, porque se pensaran dedicaríanse a outra cousa máis boa e proveitosa.

Síntome impotente, totalmente impotente.
Din que non existen os crimes perfectos, pero xa o empezo a dubidar.

¿Cómo é posible que entre tantas persoas implicadas na búsqueda das persoas desaparecidas, non se obteñan os datos suficientes para esclarece-los feitos e localizar os autores de tales feitos?

Hai moitos casos sen esclarecer…
¡Que pena!
¿Co preparadas que están as persoas expertas nestes casos!

Penso tamén na importancia dos colectivos que velan pola nosa seguridade:
¡Que profesionalidade tan excelente!
¡Ata se arriscan a poñer a súa propia vida en perigo!
PARA MIN TEÑEN UN MÉRITO EXTRAORDINARIO.

Penso nelas, penso nas súas familias, penso que sería de nós sen a súa valiosa axuda.
Penso que temos moito que agradecerlles.
Lástima que non lle lo demostremos con máis frecuencia.
Aínda pode haber quen diga:
¡Para eso lles pagan!
Si pero… quen eso di seguramente non se poñería no seu caso.

Falar, fala calquera pero moitas veces estábamos moito mellor caladiños.

“MELLOR CALADIÑOS”
Este será o título do seguinte artigo, esperando que canto antes teñamos boas noticias sobre as persoas desaparecidas.

Mil grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES