Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A estrada Roupar-Viveiro

miércoles, 22 de agosto de 2007
Agosto de 2007. A estrada Roupar-Viveiro, en obras, pero sen que ninguén traballe nela. Viaxo varias veces na primeira fin de semana, o que me da tempo de marabillarme polas melloras conseguidas, e de horrorizarme diante dalgunhas situacións das que ten que haber culpables.

Coñezo a estrada como a miña casa, e sorpréndome das melloras, das pontes, dos tramos rectos, de xeito que o anterior tramo multicurvo de Muras xa é só unha lembranza, e cando un se da conta está no alto da Gañidoira, alí onde os aeroxeneradores conectan directamente ó viaxeiro co ceo.

Xa o ano pasado por estas datas a estrada era unha excelente promesa de comunicación no futuro. Agora, o mesmo, pero máis avanzada. Algo tiñan que notarse os 365 días transcurridos. Pero un pode pasar, de sorpresa en sorpresa, dun tramo novo perfecto a outro orixinal, e outro máis sen pintar que de noite se convirte –coa néboa que había aqueles días- nunha pista sen fin onde improvisar solucións a cada cal máis perigosa.

Dunha posibilidade de perfección como ten a estrada de cara ó futuro, contentámonos neste agosto cunha cutrez perigosa da que alguén ten que responder se hai algunha desgracia. Desgracia que pode xurdir da impericia do conductor, da auga, da néboa, dos cabalos na estrada, ou de calquera outro elemento que non estea abondo controlado pola Divina Providencia, que nesta estrada sempre tivo especial ocupación.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES