Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portadores de luz, calor e vida

jueves, 08 de febrero de 2018
Seguro que máis dunha vez lle dixeron que era “un sol”, “un solete” ou algo parecido.

Cando alguén nos di así é porque cos nosos actos ou coa nosa maneira de ser:

-Estamos iluminando a súa vida.
-Estamos dando cálidez á súa alma.
-Estamos dándolle “vida”.

E cando nós somos os portadores desa “luz”, dese “calor” e desa “vida” sentímonos moito mellor:

O noso corazón espándese que parece que non vai caber na caixa torácica.

Aínda que pareza mentira, unha palabra,unha mirada, un aceno, un pequeno acto,
-por sencillo que pareza-, pode ser moi beneficioso para crear benestar non mundo.
Pero coa materialización do mundo estamos perdendomoitos dos bos costumes.

Por exemplo:

Vas comprar algo a uns grandes almacéns ou a un supermercado e a persoa que está na caixa, sen dirixirche unha mirada as máis das veces, diche secamente:
¡27,50¡
¡Ou 19,60!
¡Ou 128,72!.

E así un día e outro día e outro día…
NIN QUE OS COMPRADORES FORAMOS NÚMEROS.

E a persoa que está detrás do mostrador, penso que tampouco é un número:
¿Segue sendo unha persoa ou converteuse nunha máquina de dicir números e despachar mercadorías?

Cando chegue á súa casa, debe ir ben aburrida: todo o día no medio de xente e máis soa que a unha.

E ós clientes dá aimpresión de que nos converten automáticamente en números.
¿SOMOS UN NÚMERO OU SOMOS SERES HUMANOS?

Outro tanto pasa cos saúdos nas vilas e cidades:
Atópaste con alguén pola rúa:
¡Ola!
¡Adeus!
Voume que teño présa: a tal hora teño que estar…

E non digamos se te atopas con alguén no ascensor aínda que viva no mesmo edificio:
Nin ola, nin adeus.
Se te vin non me lembro.
Todos extraños.
Moi rodeados de xente e moi sós.

No medio rural, non é así.
Se imos en coche, -como as pistas son tan estreitas- non podemos mirar para o utro conductor, non vaia se-lo demo que choquemos.

Pero cando imos a pé –que cada día imos menos- aínda paramos a botar una parrafada ou a informar das noticias máis relevantes:

-Naceunos un neno ou unha nena: esto xa é noticia nas aldeas.
-Morreu fulano ou fulana, aínda non era vello/a (tiña 87 anos), pero…

En fin, que a vida moderna ten moitas ventaxas.
Eso ninguén o pon en dúbida.
Pero…
Pero… ¡Coidadiño!
¿Estarémonos deshumanizando?
¿Estarémonos robotizando?
Eso pode ser moi perigoso.

“SOMOS MOITO MÁIS QUE MÁQUINAS”
Este será o título do seguinte artigo.

Quero dá-las grazas publicamente a tódalas persoas que levo atopado no camiño da vida que me iluminaron coas súas ideas e que me deron e dan cariño co seu bo proceder cara á miña persoa.
Grazas de todo corazón.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES