Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A paz dá vida

jueves, 16 de noviembre de 2017
Tódolos anos no mes de novembro temos un especial recordo para os nosos antepasados.
Recordamos todos canto significaron nas nosas vidas: o que nos ensinaron, o que nos coidaron, o que traballaron, o que nos enriqueceron co seu bo facer e canto se esforzaron para deixarnos un mundo o máis pacífico posible.

Se poidéramos preguntarlles polo que deixan loitado pola paz…
¿Qué nos dirían?

Seguramente nos dirían algo así:
-Que deron moitas veces o seu brazo a torcer, aínda que a razón estivera da súa parte, porque conserva-la paz é o mellor.
-Que toleraron o “intolerable” para que a vida de familia non se fixera trizas.
-Que disimularon infinidade de veces cando algo non lles sentaba ben, a cambio de “tela festa en paz”.
-Que perdoaron en moitas ocasións as ofensas para conserva-la paz.
-Que os que viviron a guerra, saben o que eso significa e que non queren que nunca máis se repita unha situación así.
-Que perdendo, moitas veces, gáñase.
-Que a paz, crea, harmonía e onde reina a harmonía, hai felicidade.
-Que se volveran a esta vida, velar pola paz sería unha prioridade.
E un longo etc a prol da paz.

Se puxeramos nun platillo da balanza os beneficos da paz e no outro os esforzos que costa; seguramente comprobaríamos que vivir en paz non ten prezo.

En primeiro lugar está a paz con un mesmo:
“ A PAZ INTERIOR”.

Conseva-la paz no máis entrañable do noso ser interno é unha fonte de incalculable enerxía positiva.
Unha fonte á que tan só cada persoa ten acceso.
Un lugar ó que ninguén pode chegar se nós non dámos permiso.

Conservar ese lugar –a alma humana- en paz é o primeiro que temos que intentar conseguir por tódolos medios habidos e por haber.

SE NON ESTAMOS EN PAZ CON NÓS MESMOS, MALAMENTE PODEMOS IRRADIAR PAZ ÓS QUE NOS RODEAN.

Pero conseguir a nosa paz interior tamén ten un prezo.
Non sempre é doado; pero merece moito a pena:

-ESIXE UN CONTROL DOS PENSAMENTOS.
-ESIXE UN CONTROL DA NOSA LINGUA.
-ESIXE UN CONTROL DAS NOSAS OBRAS-
-ESIXE UNHA RECTITUD DE CONCIENCIA.

POLO NOSO CEREBRO PASAN MOITOPS PENSAMENTOS Ó LONGO DO DÍA.
Moitos son bos, outros non.
Controlar os que non son bos é un labor non sempre doado.
Hai persoas que teñen un gran control desa ferramenta tan valiosa.
Son dignas de admiración.
Pero ese control ten que facelo cadaquén a si mesmo; ben por conta propia, ben coa axuda de libros ou doutras persoas.

A NOSA LINGUA É MOI DADA A “IR POR LIBRE”
Xa din alí que a lingua non ten cancelas; pero hai que poñerllas se non queremos saltarnos liñas vermellas.
A lingua pode ser unha arma de doble fío: tanto pode matar como dar vida.
As persoas que teñen a súa lingua baixo control, teñen moito valor.

PARA AS PERSOAS QUE SABEN CONTROLAR OS SEUS PENSAMENTOS E AS SÚAS PALABRAS; OS BOS FEITOS BROTAN DO SEU CORAZÓN ESPONTANEAMENTE.
Son persoas grandes portadoras de paz.
E nin que dicir ten que a súa conciencia está rectamente formada.

A primeira escola donde se debe aprender a controlar os malos pensamentos, é no fogar.
A mellor escola para controlar a lingua, segue a ser a familia.
E a mellor escola onde aprender a obrar con rectitud está na propia casa.

Unha criatura precisa educarse nestes valores desde o mesmo día do seu nacemento.
Se esperamos a que sexa un adulto para que ela mesma tome as súas propias opcións, xa chegamos tarde.

O control dos pensamentos, das palabras, das obras e das omisións, no é unha opción; é unha obrigación.

As obrigacións implican un cumprimento obrigatorio para tódalas persoas de ben, que intentamos ser case todas.

A OPCIÓN E A OBRIGACIÓN”
Este será o título do seguinte artigo.

Grazas por ser unha persoa portadora de paz e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES