Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos valemos

jueves, 11 de agosto de 2016
Un dos maiores erros que pode cometer unha persoa é pensar que non vale para nada.
Nese aspecto igual que noutros moitos, estamos equivocados.

Pode que incluso nos educaran para estar equivocados. A educación tamén deixa cometido moitos erros ó longo da historia.

Todos cometemos erros, moitos erros; deso ninguén está libre.
Pero dos erros tamén se aprende.

Todos precisamos aprender dos nosos propios erros.
O malo é que ve-los nosos propios erros non resulta doado. En certa medida todos estamos relativamente seguros de que estamos no certo.

Ó longo da historia, as mentalidades cambiaron moito e seguen cambiando constantemente. Cómpre que cambien.
Un cambio importante que todos temos pendiente en maior ou menor medida, é o de valorármonos a nós mesmos.

Seguramente que con moi boa intención, pero moitos de nós fomos educados para pensar máis nos outros que en nós mesmos.
Certo que hai que pensar nos demais, pero…
Un cambio importante que temos que dar é pensar en primeiro lugar en nós mesmos para coñecer a nosa riqueza interior e cultivala cada día máis e mellor para empezar polo noso propio enriquecemento interno.

Cada persoa según as súas capacidades e as súas preferencias é capaz de moitísimo máis do que se pode imaxinar.
Todos, absolutamente todos, temos un valor incalculable.

Todos, absolutamente todos estamos nesta vida para cumprir unha morea de misións; todas elas moi importantes.
-¿Non é un bebé un ser ben indefenso?
¿Por ser indefenso, vale pouco?
Certamente que non.
¡Canta alegría, canta vitalidade, canta riqueza, cantas ensinanzas…!

-As persoas encargadas da limpeza, están en contacto diario cos desperdicios da sociedade…
¿Certo?
Pero…
¿Quen dixo que un varrendeiro non fai unha función importantísima?
Xa se sabe o que pasa cando fan folga.

-¿Quen se atreve a dicir que un mariñeiro non é importante?
¿Non vai ser importante unha persoa que se arrisca a enfrontarse a un mar moitas veces enfurecido?
¡Cantos naufraxios non hai! ¡Que valentía!
¿Iríamos nós a busca-lo peixe a alta mar?
¿iríamos persoalmente a buscar o que necesitamos a outras latitudes?

-¿Como pode haber quen pense que a ama de casa non traballa?
Non traballa poucas horas.
O seu horario é de servizo permanente.
¿Qué sería da infancia e dos anciáns sen a axuda feminina?

-¿De que nos alimentaríamos se non houbera labradores?
¡E que maltratados os temos!
¿Cando aprenderemos a valora-lo seu traballo?
¿Podería vivir un científico, -por moi sabio que fora,- sen alimentarse?
Non só de pan vive o home, pero de ciencia soa tampouco.

-¿Quen dixo que os enfermos non producen?
¡Vaia se producen!
Pregúntenllo ó personal médico e ós laboratorios farmacéuticos.
E o máis importante: os enfermos producen grandes doses de paciencia e exemplaridade á hora de saber levar a súa enfermidade.

-¿E que pasa coa poboación reclusa?
¿Tampouco esta produce?
Daquela… ¿De que viven a abogacía, a xudicatura e as institucións penitenciarias, a xustiza?
¿Dónde escribiu Miguel de Cervantes a obra máis importante da Literatura Española?
¡Cantas persoas decubren alí a súa valía para reinsertarse na vida social!
¿E que pasa cos mendigos?
¿Tan só se dedican a vivir á conta dos outros?
Non sabemos as razóns polas que chegaron á mendicidade, pero outras moitas persoas poden exerce-la caridade e a solidariedade axudándoos na medida das súa posibilidades.
Mellor sería que non houbera poboación reclusa nin mendicidade, pero se a hai…é porque alí onde hai humanos, hai temén inxustizas e todos temos algo de responsabilidade ó respecto aínda que a penas poidamos facer nada.
¡A vida mesma!

-No mundo católico, ten moita, moitísima valía a xerarquía eclesiástica, -eso niguén o pon en dúbida- ; pero hai máis alegría no ceo por un pecador que se convirta.

-Teñen moita valía as autoridades políticas de renome mundial, pero para un concello pequeno aínda ten más valía un bo alcalde que resolve os problemas de cada día ó vecindario.

Todos valemos e todos somos importantes.
¡Lástima que o pasemos por alto en moitas ocasións!
Realmente son moitas as cousas, as experiencias, as situacións… que se nos pasan desapercibidas.
Necesitamos prestar máis atención á sencillez porque detrás dela poden ocultarse grandes tesouros.
“GRANDES TESOUROS”
Este será o título do seguinte artigo.

Antes de despedirme, permítame que lle agradeza a súa enorme valía a favor de cantas persoas atopa polo camiño da vida.

E tamén moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
E se así o desexa, pode atoparme nesta sección de Galicia Dixital o vindeiro xoves.
E se non: aburiño.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES