Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mestra das saias longas (1)

martes, 16 de agosto de 2016
Dedicado ás sucesivas promocións da Normal de Lugo,
que nos quitaron da Idade Media.

¿Cal delas, a cal elixo para facerlle unha radiografía anímica? ¡Dá igual, que todas o merecen, pois, de Normais, nada, SUPER!
A mestra das saias longas (1)
En todo caso, nun baremo de méritos beatíficos, aquela virxe, aquela das saias longas, sempre por abaixo dos xeonllos… que nin que llas fixese o xastre Martínez, aquel das sotanas! Entón, para subilas aos altares, para canonizalas, comezarei por Amalia.

(Amalia, do xermánico Amalberga, composto de amals “valente, incansable”, e bergan “protectora”. ¡Exacto, pois iso foi, unha incansable protectora dos débiles, particularmente dos nenos!).

Estes relembres, maxisterís que non maxistrais ¡Deus me libre de presuncións! van dedicados ao Mestre Palmeiro (Rielo de Luaces), pois grazas ao seu martirio (fusilárono os franquistas e enterrárono nun horto ¡nun horto sacro, e eles, meus pobres, sen sabelo!) tivemos unha vacante en Maxisterio, unha máis, e por ende, unha Mestra, unha máis, unha santa, outra! De propósito, e adrede: ¿Cal de vosoutras lle deu as grazas, cal foi a que lle rezou un Paternóster; a Palmeiro, digo, e con Palmeiro aos outros A mestra das saias longas (1)depurados/fusilados, tantos que nos deixaron, que vos transmitiron, a fortiori iso si, a súa vacante? Das demais non sei, pero por Amalia poño a man no lume: ¡Ela si, e iso que non viña dunha familia zurda!

Amalia naceu... ¿naceu, ou trouxérona os anxos? Naceu coa República, nunha casa de dereitas; nunha familia que seguía sendo monárquica, ¡máis monárquica có propio Rei! ¿O Rei era monárquico? ¡Un rei que viña gobernando con ditadores…, dubidoso! ¿Era republicano? ¡A res pública importáballe un carajo, segundo demostrado tiña! ¡Esta España, esta España imperial, unha cocteleira de razas e de tendencias, que non acaba de coller sabor por máis que a axiten, tanto os de dentro coma os de fóra! É certo que as mestras fixeron moito a prol da convivencia pacífica, pero…, ¡miñas pobres, naceron e criáronse beatíficas, e aquí facía falta un Sansón, un Sansón que abatese as columnas dos egos, dos individualismos! Se chegan a ter a súa Normal en Suíza, daquela si, daquela serían confederais.

Na casa once naceu, ou apareceu, Amalia, tiñan escudo, e capela, pombal e ciprés; ¿que lles faltaba? ¡O que veu, o que formaron, o que cobizaron: unha Mestra! Os fidalgos non eran dados a sacar mestres, senón, e máis ben, a retiralos da circulación. ¿Por que? ¡Obvio: para que lucise un fidalgo precisábase unha corte de analfabetos! Un fillo morgado, si; outro avogado, si; o terceiro, cura, se non o foi o segundo. ¿E de haber máis? ¡Daquela que o esculcador lles buscase un fidalgo/fidalga, por lonxe que vivisen! ¿E cando non quedasen fidalgos dispoñibles? Non era probable, polo moito que abundaban; e logo que tamén servían os fillos do indiano…, ¡sempre que tivesen terra na Habana, ou fosen sobriños do tío Sam! ¿Terras na Pampa, non? ¡Para que, pois apampados xa saían da casa materna: tantas terras a folgado, e todas para o morgado! Na casa da Amalia terras había, entre elas catro chousas procedentes do monte comunal, cerradas con paredes paredadas polos mesmos que as perdían! Pero veu Amalia, e berroulles: ¡Alzádevos, escravos, e aprendede a ler; dádelles para atrás aos caciques, que vos tapan o sol! Unha santa da maneira, mestra tiña que ser! Mataron a Palmeiro, pero naceu Amalia; ¡con Deus non hai quen poda, que mira que ten empeño en libera-los escravos, e tamén en ensinar ao que non sabe, que por algo nos mandou ao Fillo, ese Mestre dos Mestres…, que tamén o mataron, precisamente polo mesmo, por ensinar, por Normalizar a situación!

Coñecín a Amalia de cativa, e xa daquela era modélica que mo demostrou en certa ocasión, no tempo das cereixas. Díxome: -Se queres cereixas, pasa, entra, e sobes á cerdeira, que están maduriñas. –Eu gateo mal, e todo por aquí non vexo escadas… -Pois terás que facelo, se as queres probar; eu non podo porque teño saias, e se abro as pernas…, ¡non só peco, senón que te fago pecar!

¡Ah, pícara; iso é o que quería eu, verlle as pernas, por pecado que fose! Ela quíxomo evitar, así que me axudou a busca-la escada, que non estaba lonxe, nos pendellos da herba, arrimada. Comín, e comemos, daquelas cereixas, aínda que houbese preferido…, ¡direino! Houbese preferido comerlle as meixelas, de tan coloradas que as tiña. Daquela comezaba a saírlle bigote, unha insinuación de embozo, e como xa tiña oído que, Muller con bigote non precisa dote, a comenencia era boa, pero.., de casa fidalga! ¡Tiven que conformarme coas cereixas; daquela, pero despois, tamén! Se aínda fósemos á mesma escola…, pero non tiven esa sorte. Polo seu mestre, ben coñecido dos meus, seguinlle os pasos, así que nada me sorprendeu que subise tan alto; ao altar da Normal, nada menos! Pero aquí tiven que pararme pois, sen vela de cerca ¿como ía prever que resultou adorable?
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES