Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fame é cousa dos famentos

viernes, 18 de diciembre de 2015
Teño fame, dicimos ao tempo que abrimos o frigorífico ateigado de alimentos. Un vaso de leite? un iogur?, un anaco de queixo? un pouco de chocolate? Boh! Unha mazá. Confundimos fame con apetito nun país cunha porcentaxe salientable de nenos obesos moi ben comidos pero dieteticamente mal alimentados.

Nin temos fame nin estamos famentos. Teñen fame os famentos do mundo. 845 millóns segundo a FAO, 18 millóns máis que na década dos 90. Todas estas persoas sobreviven co único futuro de pensar que comerán mañá. A fame é un burato negro que impide pensar no futuro, planificar, facer proxectos. Todo camiña a curto prazo, e o primeiro paso é sempre encher o bandullo.

Entre as causas da desfeita da fame, citadas polo ex-Director Xeral da FAO Jacques Diouf, están o abandono da agricultura, o prezo delincuente do petróleo e os biocombustibles nun planeta que podería alimentar sobradamente o dobre da poboación actual.

As guerras e os conflitos máis idiotas expulsan da terra as comunidades de campesiños. Abandonando as actividades tradicionais esquecen a ‘cultura da terra’. Non volverán cultivar nada en Darfur, en Chad, en Somalia, en Eritrea. Amoréanse en xigantescos campos de refuxiados esperando a esmola da axuda humanitaria. Se chegan os camións co gran e coa auga sobrevivirán un día máis. Se non chegan simplemente morrerán.

As políticas idiotas. O criminal biodiésel. Queimar trigo brando, cebada e millo para que beban os motores a comida que se rouba aos ventres. Unha política asasina que ademais está a provocar graves problemas ambientais.

O protecionismo dos países ricos, os aranceis sobre os produtos alimenticios, os subsidios agrícolas, a PAC que está a distorsionar o comercio condenando aos países do empobrecidos a non poder exportar o que as súas terras fértiles producen. Dáse o paradoxo de que os principais países produtores de millo impórtano máis barato de USA arruinando a súa propia estrutura productiva.

O récord no prezo dos alimentos crea novos famentos. O arroz, que da de comer á case a metade de Humanidade sofre, nas cobizosas mans das multinacionais, aumentos desorbitados de prezo. 25.000 persoas morren cada día pola fame. E os que primeiro caen son os nenos: un cada segundo. Triste globalización a que está a crear dous mundos: un opulento, outro desprovisto dos recursos máis elementais. A aldea global non é xusta nin permite satisfacer as necesidades mínimas das grandes maiorías. A fame medra acompañada doutros xinetes da apocalipse: a desesperanza, as migracións masivas, as desfeitas ecolóxicas.

O Club Exquisito dos Países Máis Ricos e Poderosos do Mundo, o G-8, o G-20, xúntase nas súas conferencias, hoxe aquí, mañá acola para falar da crise dos alimentos. Estes pobres países tan ricos están preocupados. E que mellor maneira para relaxar tanta preocupación que unha cea de gala con pratos exquisitos. Se cadra teñen apetito. Porque fame, o que se di fame, iso é cousa dos famentos.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES