Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Disfruta-la vida

jueves, 15 de octubre de 2015
A vida é o mellor regalo que se nos dá,
¿Certo?
E neste mundo, dásenos unha soa vez.
¿Verdade?
Claro que si.
Nesto, seguro que non estou enganada.

Sete vidas, din que as teñen os gatos, pero os humanos: unha soa.
E se preguntamos a unha persoa de idade avanzada, diríanos que esta vida pasa voando. ¡Rápido, rápido, rapidísimo!
Polo tanto o que corresponde é aproveitala canto máis se poida, mellor.

Cadaquén según as súas circunstancias e prioridades persoais.
-A saúde física, mental e espiritual penso que é a prioridade número un para tódolos humanos.

A parte destas, hai outras prioridades:
-Para unhas persoas o máis importante é o traballo remunerado. Traballan e traballan e seguen traballndo ata que as forzas se acaban.
A súa particilar manera de disfruta-la vida é acumular riquezas materiais.
¿Por que teñen esa prioridade?
Porque para elas ter un bo soporte económico dálles seguridade e prestixio.
¿Coñece algunhas?
¿Qué lle parece a vostede este xeito de proceder?

Eu valóroas moito como traballadoras que son, pero paréceme que con soporte económico só, nin se vive ni se acada maior prestixio.
O soporte económico fai falta, pero o ser humano precisa algo máis, bastante máis…digo eu.
Tamén cómpre que haxa persoas así, porque –entre outras cousas- son boas clientes para os bancos.

E –se os bancos teñen cartos- pódense pedir prestados cando fan falta; sempre e cando se estea en condicións de devolvelos.
¿A vostede que lle parece?

-Para outras persoas a súa prioridade está en vivir unha vida relaxada sen agobiarse por nada: o que non se fai hoxe, xa se fará mañá e se non se fai, tampouco pasa nada.
E se chove, que choiva.
E se quenta o sol, que quente…
Son o que vulgarmente chamamos persoas abandoadas, preguiceiras e por veces incluso lacazanas.
Seguramente tamén coñece algunha.

¿Parécelle ese o mellor xeito de disfruta-la vida?
A min, non. A min paréceme que do ceo caen moitas cousas pero hai que molestarse en apañalas e preparalas para transformalas en algo de utilidade para nós.
Pero esas persoas tamén están aí por algo. Pode que non sexan moi labregas, pero poden ser útiles cando menos se pensa.
Seguro que cando están aí é por alguna razón.
E ante todo, teñen dereito á vida.
¡Só faltaría!

-E outras persoas, que:
Cando hai que trabllar, traballan como as primeiras e non regatean esforzos.
Cando hai que axudar son as primeiras en presentárense voluntarias para canto poidan seren útiles.
Cando toca pasear, pasean e divírtense “de lo lindo”.
Cando toca aforrar, aforran e cando toca gastar, gastan sen estirar máis o pé do que dá a manta.
Rin cos que rin, choran cos que choran, rezan cos que rezan.
Son persoas que saben distribuí-lo tempo e sempre teñen tempo para todo: saben atender o seus deberes do fogar e tamén os sociais e laborais sen esquece-los de ocio.

¿A fin de contas cal é o resultado?
Como dicía ó principio a vida pasa voando e cando chega a hora de partir:

-As do primeiro apartado non se levan os seus bens materiais; e -se ben é certo que deixan algo para os que veñen detrás-tampouco lle resolven a vida a ninguén.
E o máis probable é que tampouco lle queden moi agradecidas as persoas coas que non tiveron tempo para compartir nin para disfrutar da súa presenza mentres estiveron neste mundo.

-As do segundo grupo –aínda que pareza mentira- tamén se botan en falta. Non é que foran moi boas para elas mesmas, pero…Ocupaban o seu posto.

-As do terceiro grupo souberon compartir tempo, dedicación, servizos, afecto, alegría e bo humor coas persoas que conviviron con elas.
Esas deixan tras de si un oco moi grande.
Bótanse en falta na casa porque o seu posto non o pode sustituír ninguén.
Bótanse e falta no traballo porque fora un bo compañeiro ou unha boa compañeira
Nunha palagra: Un ou unha gran profesional.
Como adoita a decirse:
“Un/unha profesional como a copa dun pìñeiro”.

Bótanse e falta na comunidade, porque se había un apuro; alí estaban elas. Se había festa, alí estaban elas. Se había que colaborar para o que fixera falta: alí estaban elas.
Foron persoas que souberon sacar rendabilidade dos seus talentos.

Eu atópome moi cómoda con este terceiro tipo de persoas, sencillamente porque están aí cando hai que estar e onde hai que estar e como hai que estar.

A min gustaríame pertencer ás do terceiro grupo, pero son a menos indicada para clasificarme.
Deso xa se encargan os outros.

E para vostede:
¿Cal é o seu grupo preferido?
¿Con que tipo de persoas se atopa mellor?

Eu estou convencida que todos precisamos de todos cando menos se pensa.
En calquera caso: para que o mundo sexa completo ten que haber e todo.
Cadaquén ten dereito a ser o tipo de persoa que considere máis oportuno segundo as súas circunstacias persoais.

O mellor é que todos poidamos disfruta-la vida.
Porque no mundo hai sitio para todos.
“NO MUNDO HAI SITIO PARA TODOS”
Este será o título do vindeira artigo.

Nesta ocasión, -sendo vostede como é- tivo a amabilidade de ler esta reflexión feita por min e por eso lle quedo moi agradecida.
Ata outra ocasión, se o ten a ben.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES