Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida dános o suficiente

jueves, 30 de julio de 2015
Tódalas persoas que somos conscientes de que a vida é un regalo que se nos fai; mostramos agradecemento polo moito que nos ofrece.

Por eso mesmo, todos coñecemos persoas moi felices aínda cando a vida lles presenta probas que para outras persoas serían un gran obstáculo para realizárense como persoas normais.

E tamén coñecemos persoas que se están queixando de día e de noite, na casa e fóra, sempre.

¿Onde está a diferencia entre estes dous tipos de persoas?

Ó meu entender:
-Na maneira de enfoca-los problemas.
-Na maneira de xestiona-los talentos de cadaquén.
-No nivel de agradecemento de cada persoa.
-Na maneira que teñen algunhas persoas de compararse con outras pensando que elas son moi desafortunadas en comparanza con outras das que seguramente: “non saben a misa a medias”..
-E tamén poden influír moitos outros factores.
Un longo etc.

Eso da comparación, misturada a veces con celos e envexas, crea moitos problemas porque cadaquén sabe a súa propia vida pero ninguén sabe a ciencia certa a vida do outro.
Neste mundo hai moita hipocresía e moitas veces existe unha gran diferencia entre o ser e o parecer.
¿Ten observado esto algunha vez?
Eu, si.

Din que as comparacións son odiosas e pode que sexa certo.
¿A vostede que lle parece?

Eu, a verdade, non me paro nesas cousas porque coa miña vida xa teño todo o meu cerebro ocupado e a veces aínda me parece pequeno.

Cando me paro a pensar, pregúntome:

-¿Por qué teño que compararme eu con outra persoa se eu son eu e máis a miñas circunstancias e a outra persoa é completamente diferente a min e ten as súas propias circunstancias?

-¿Por qué tería que perder enerxías pensando no ben que viven outros en lugar de ocuparme da propia vida e disfrutar a tope o que esta me dá?

-¿De que me vale a min o que teñen ou non teñen os outros –excepto cando o comparten comigo- se eu teño que amañarme co meu?

-¿Non me amañei ata agora co que a vida me foi dando en cada momento…?

Seguramente que vostede –como todo ser humano- pasou diferentes probas ó longo da súa vida; pero foinas superando e hoxe é o día que se sente una persoa moi orgulla por telas superado, porque nas probas é onde se mide a valía das persoas.
¿Non si?
Pois eso.

Desde que se nos regala o privilexio de nacer, estamos chamados a disfrutar desta vida.
¿Cómo?
-Loitando cada día por superármonos aprendendo algo novo.
-Esforzándonos por ser cada día un pouco mellores con nós mesmos e cos outros.
Unha persoa de moi avanzada idade, díxome que era urxente e de cumprimento obrigatorio que nos estimáramos uns ós outros. Para ela eso era o máis urxente, xunto coa erradicación do odio.
Eu estou de acordo con ela e vostede seguramente que tamén.
Eu non teño a fórmula máxica pero paréceme que imos por bo camiño:
-Cando somos felices co que temos e como somos para compartir felicidade cos que nos rodean.
Ás persoas que nos rodean o que lles importa é que lles contaxiemos enerxía positiva coa que nos imos cargando cando vemos o lado positivo da vida.
-Cando non nos comparamos con ninguén porque cadaquén é cadaquén e ten as súas propias circunstacias.
-Cando temos pleno convencemento de que no mundo hai sitio para todos e cada persoa ten o seu oco reservado desde o momento da concepción no ventre materno.
-Cando deixamos atrás os medos, porque o medo é o principal obstáculo para avanzar.
-Cando temos confianza en nós mesmos e nos talentos que levamos na nosa equipaxe interna.
-Cando dámos grazas á vida, sen pedir máis que o que se nos vai dando, porque todo é regalado.

E os que nos confesamos crentes, dando ante todo grazas a Deus e confiando plenamente na Providencia.

Teño oído a persoas moi sabias aquelo de:
-Se un problema ten solución…¿para que preocuparse?
-E se non a ten…¿para que preocuparse?
Con todo andando polo camiño da vida fun aprendendo que cada problema trae consigo a súa solución aínda que moitas veces non alcancemos a vela a corto prazo.
¡Cantas veces nos ten pasado que nos parece que afogamos ante una situación dolorosa da vida!
A min tenme pasado moitas veces.

¿A vostede, non?
Pero andando o tempo, comprobamos que todo ten a súa explicación.
E aínda máis: comprobamos que todo pasa para o noso ben.
Que non hai casualidades, que todo ten a súa causa e a súa xustificación e tamén as súas consecuencias.
Eu cheguei a esa conclusión.
É a miña particular maneira de ve-la vida.
Incrible, pero certo.

O que ocorre moitas veces é que hai que darlle tempo ó tempo.
Por eso toca:
“CONFIAR E ESPERAR”, que será o título do artigo seguinte.

Moitas grazas por acompañarme unha vez máis na lectura dos meus artigos de opinión en Galicia Dixital e se é a primeira vez que me le, xulgue vostede se decide lerme noutra ocasión ou non.
En calquera dos casos:
¡Moitas grazas!
¡Aburiño!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES