Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Educar máis e mellor

jueves, 02 de julio de 2015
Unha cousa é educar e outra é instruír.
Existen persoas moi educadas que non teñen instrucción, é dicir, non teñen coñecementos de matemáticas, ni de historia, nin de literatura, nin doutras ramas da ciencia.

Son persoas con poucos coñecementos, porque moitas non tiveron posibilidades de ir á escola; pero…
-Son persoas ben educadas.
-Son persoas formais.
-Son persoas que saben respeta-los dereitos dos outros.
-Son persoas que saben respetarse a si mesmas.
-Son persoas que saben darse a respetar.

Por outra banda, coñecemos persoas moi instruídas que tiveron moita escola e un lote de coñecementos adquiridos nas mellores universidades; pero a súa educación deixa que desexar.
Preferible gardar distancia con elas.

E tamén coñecemos persoas educadas e instruídas, persoas moi educadas e con moitos coñecementos que parecen unha enciclopedia aberta.

¿Onde está a diferencia?
A diferencia está na educación e tamén na instrucción; pero unha cousa non está reñida coa outra.
A dúas son complementarias.

¿Cómo andamos na actualidade no tocante á educación e á instrucción?
¿Onde nos atopamos con maior número de fracasos?
¿Por qué hai tantas persoas que fracasan no momento de enfrontarse á vida?
¿Por qué o profesorado colle máis baixas que nunca debido ó estrés laboral?
¿Por qué non se atopan persoas dispostas a traballar duro nos diferentes oficios e profesións aínda que estean en paro laboral?
¿Por qué non se respetan os dereitos das persoas maiores nin tampouco os dos nenos?
¿Por qué se abusa da saúde propia co alcol, coas drogas, coa prostitución..?
¿Por qué non se respeta a dignidade da persoa humana?
¿Por qué hai tanto acoso escolar?
¿Por que..?
¿Por que..?
¿Por que ..?

As causas poden ser tan variadas como as circunstancias persoais de cada ser humano, pero en liñas xerais debemos coincidir que moitos dos fallos veñen da base da educación no fogar.
O feito, feito está, pero o que está sen facer; pódese modificar se o consideramos oportuno.
¿Desexamos un bo futuro para todos?
Claro que si.
¿Onde está o futuro dun país?
Na infancia.

A infacia é o relevo xeracional.
Os nenos de hoxe son os adultos de mañá.
Nós tamén fomos o futuro dos nosos pais e dos nosos avós.
O noso futuro son os nosos fillos e os nosos netos.
Sempre foi así.
¿Onde está a solución?
¿A vostede que lle parece?
¿Solucionaranse os problemas por arte de maxia?
¿Tranformarase a sociedade se deixamos que os nosos nenos aprendan pola súa conta ou teremos que preparalos na casa?

Tódolos entendidos coinciden en que a educación recíbese na casa, no seo da familia, no fogar.
Se botamos una ollada a nós mesmos comprobamos que somos froito da educación que recibimos no colo dos nosos pais e no regazo dos nosos avós.

O que aprendemos desde a máis tenra infancia nos nosos fogares, foi a etiqueta que levamos polo mundo adiante.
Sobre esa etiqueta construímos as nosas vidas.
E se en algo fallou a nosa educación no fogar, o mundo púxonos límites porque o mundo non perdoa, golpea.
Por eso debemos pensar moi seriamente que tipo de educación lle estamos dando ós nosos nenos e cada quen tomar boa nota da responsabilidade que lle corresponde.

Porque –en boa medida- o futuro dunha persoa e tamén o futuro dun pobo depende da responsabilidade, do traballo e do aforro.

A min paréceme que esa pode ser una boa vía para educar cidadáns responsables para un futuro prometedor.
E se así non o fixeramos, a ver se aprendemos dos erros.
“APRENDER DOS ERROS”

É esta unha asignatura que uns máis e outros menos, pero todos levamos pendiente.
Din que é propio dos humanos.
¡E será e todo!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES