Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis calidade e menos cantidade

jueves, 13 de noviembre de 2014
Había una canción dos meus tempos que dicía: “El que tiene un peso, quiere tener dos…etc, etc…
Viña a dicir que sempre queremos ter máis e máis e máis…
Acumular según que, está moi ben e é moi humano; pero normalmente o de ter máis e máis adoitamos a empregalo cando falamos de bens materiais. Por veces incluso valoramos ás persoas polo que teñen e non polo tipo de persoas que son.

Cando se trata de ofrecer algo á infancia, hai quen pensa que cantas máis cousas materiais se lle dean, maior posibilidade ten de progresar. En consecuencia os proxenitores mátanse a traballar para que –según eles- non lles falte de nada.

Aínda ben non nace una criaturiña nunha familia cristiá das de hoxe en día e xa se empeza a agasallar, a facer grandes festas co gallo do bautizo aínda que non se teña nin idea do que este sacramento significa.
Logo cando chega a primeira comunión xa parece aquelo un pomposo banquete aínda que se regatee o tempo de preparación e a partir dese día non se volva á igrexa.

Cando chegan os catorce anos toca una moto.

Non é condición imprescindible que o rapaz ou rapaza leve ben o mal os estudios. Se os leva ben e para premialo (nin que fixera algo extraordinario que non se corresponda co seu deber de estudiante) e se os leva mal, é para non “ser menos” que os outros.

Cando alcanzan os dezaoito, toca un coche aínda que non se teña para pagarlle unha matrícula, para facer un curso ou para ir á universidade.
E así sucesivamente.

Levar este ritmo de vida supón un derroche de enerxías e de cartos porque este tipo de actuacións dan orixe a persoas materialistas e consumidoras compulsivas.

Teñen moitas cousas e non están satisfeitas porque están baleiras por dentro. Teñen a orde de prioridades invertida. Trátase de moita cantidade e pouca calidade.

Todo esto trae consigo consecuencias que ninguén desexa: chega o momento no que non hai nada que lles chegue e poñen en serios apuros ó maiores que –en realidade- foron a orixe de todos estes males.

Pois ben: do que se trata é de dar calidade á vida das persoas de calquiera idade, empezando pola infancia, loxicamenmte.
Tendo calidade de vida as persoas son felices que é do que se trata a fin de contas.

Todos aspiramos a ser felices, pero a veces imos por camiños equivocados, aínda que teñamos a mellor das intencións.

Vexamos:
¿Qué é máis aconsellable para a infacia?
-Atiborrala de lambetadas ou darlle unha alimentación equilibrada.
-Comprarlle todo tipo de xoguetes ou dedicar tempo para xogar con ela.
-“Enchufalas” ás maquinas de todo tipo ou facerlle compañía.

¿Qué é máis aconsellable para un adolescente?
-Comprarlle un móbil, unha moto, roupa de última moda para que presuma diante de todos ou escoitalo dedicándolle canto máis tempo mellor para que encontre resposta ós seus cambios vitais.
-Darlle liberdade de horarios ou levar un horario ordenado respetando as horas de estudio, de descanso e de ocio.
-Que practique algún deporte, inscribilo nalgunha actividade propicia para a súa formación ou que vaia por libre para que “vexa por el mesmo” o que hai no mundo.
¿Que prefire a xuventude que ten a cabeza no seu sitio?
-Ter una vida de relación saudable cos amigos, cun noivo, cunha noiva ou meterse no mundo da droga, do alcol, da p… ou caer na delincuencia
-Cursar estudios para ter una formación que lle permita ir pola vida cunha profesión digna ou dormirse nas pallas esperado que seus pais a mateñan de por vida.
-Fundar unha familia estable ou ir de flor en flor a ver cal é a mellor.

¿Qué é preferible para una persoa adulta?
-Sentirse orgullosa de ter una descendencia ben criada e ben situada ou ser víctima do seus erros.
-Sentirse querida e apoiada polos seus ou ignorada.

¿Qué prefiren os avós?
-Que os visiten para interesarse por eles e para facerlles compañía e atendelos nas súas necesidades ou que tan só vaian a pedirlles cartos para alimentar o seu ego materialista e consumista?
-Que os atendan na súa ancianidade ou que os deixen morrer sós.

Tódalas persoas temos unhas necesidades materiais que cubrir; pero non son menos importantes as necesidades emocionais, afectivas, intelectuais e espirituais.

Neste mundo materializado no que nos toca vivir, quizais sexa a hora de pensar que precisamos máis calidade e menos cantidade.

Cando unha persoa se sente querida e acompañada, leva mellor os contratempos da vida aínda que os medios materiais lle vaian xustos porque -no tocante ós bens materiais-: “o que se conforma co que ten, está sempre ben.
Ser felices e facer a vida feliz, é o primordial nesta vida; por eso debemos apresurarnos mentres que imos de camiño.

En canto chegamos á meta, queda todo aquí menos o amor que demos e tamén o que recibimos.
O amor é eterno porque non pasa nunca de moda. É unha gran riqueza.
O amor é a mellor medicina, sobre todo para a alma.

Seguramente que vostede o ten comprobado en carne propia e –precisamente por eso coincidirá comigo en que dedicar máis tempo a amar e menos a acaparar, é o que nos convén a todos.

TEMPO PARA AMAR será o título do seguinte artigo.
Grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Se o considera oportuno, xa sabe, o seguinte titularase: TEMPO PARA AMAR.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES