Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Qué é a música clásica?

jueves, 17 de abril de 2014
Unha pregunta non tan sinxela

En moitas ocasións cando lle digo á xente que me gusta a música clásica, respóndenme cunha resposta que normalmente é parecida a “¿e escoitas iso? É moi vello!”
Despois disto intento explicarlles que a música clásica está composta de máis de catrocentos anos de evolución musical, pero eu creo que moitos músicos clásicos pregúntanse “¿Cando finou a música clásica e cando empezou o resto?”.
¿Qué é a música clásica?Ata principios do século vinte a xente o ten moi claro. O Jazz acaba de empezar en Nova Orleáns fai vinte anos, e a música en Europa estaba máis ou menos igual.

Entón chegou Shoenberg (preparádevos).
Despois dunha edade de ouro onde compositores como Mahler, Debussy e máis Richard Strauss exploraron a tonalidade, emerxeu a Segunda Escola Vienesa (composta de Schoenberg, Alban Berg e máis outros discípulos de Schoenberg) coa intención de matar a tonalidade. Eles decían que a arte estaba a voltarse superficial e indulxente. O problema era que non reflectía as realidades da sociedade que, aínda que eran difíciles de escoitar, tiñan que ser expresadas en formas artísticas novas e inovadoras. Superaron a tonalidade, que xa estaba agonizando poderíase dicir. Dende este intre, a música clásica termina. ¿É simple, non?
En realidade, non é. En primeiro lugar, temos que ter en consideración que outros compositores románticos aínda vivían, como o compositor do movemento Nacionalista Jean Sibelius (finado no 1957). ¿Non se pode dicir que a música clásica aínda vivía mentres estes compositores aínda estaban?
É máis, Stravinsky comezou a escribir música inovadora e nova nos tempos que aínda escribía Schoenberg pero utilizando a tonalidade. Moita xente considera “O Paxaro de Fogo” de Stravinsky música clásica, pero Pierrot Lunaire de Schoenberg fai que a xente empece a pensar (por certo, recoméndovos escoitar todas as obras e máis os compositores que nomeo, que son todos inspiradores).

Despois do Expresionismo (Schoenberg e outros) a música -que xa desembocara na música Jazz e a música popular- empezou lentamente a evolucionar ó que agora coñecemos polo nome de “Música Contemporánea”. Compositores como John Cage, Leon Kirchner e máis Olivier Messiaen comezaron a escribir música cada vez máis disonante, experimentando co silencio e sons domésticos. ¿ A peza “4´33” conta como música clásica? A maioría da xente diría que non.
Entón entre a Segunda Escola Vienesa e o comezo das carreiras destes músicos, o concepto da música clásica remata nas nosas mentes. Este período da música chámase o Modernismo. Os límites da tonalidade, ritmo e máis da harmonía foron cambiados e reinventados despois do Romanticismo alemán e da súa tonalidade estendida.
Ata aquí imos ben. Aquí termina a música clásica e comeza o Modernismo. ¿Pero qué facemos cos compositores como Sibelius, que aínda escribía ata a súa morte no ´57?
Estes compositores non escribían nos xéneros modernos e nas formas correntes; eran o que quedaba da antiga escola romántica. Eles estaban vivos, pero non significa que o seu estilo permanecía vivo...
¿Ou si? Sobre iso podes decidir ti.
Volvendo ó Modernismo, nos fines dos anos trinta, o Modernismo remata e empeza o Post-Modernismo, que ve a compositores como John Cage enchendo pianos de cravos e xogando con cactus nos anos sesenta, para explorar a banalidade de obxetos diarios e do silencio. Pero entonces xa escribiran música Neoclásica compositores como Stravinsky, que escribía en referencia a formas e estilos máis antigos. O Jazz tamén influíu en artistas como Aaron Copland e George Gershwin. Estes escribían ata os anos cincuenta, con West Side Story escrito por Bernstein no cincuenta e sete. ¿Non conta isto como música clásica?
¿Qué é a música clásica?
O Minimalismo comeza nos anos sesenta en Nova York, do cal prevalece Steve Reich e John Adams, que escribían música repetitiva e hipnótica composta de “células” cambiando e evolucionando ó largo dunha peza. Xa nos setenta este estilo chegara ó seu límite, e a música clásica terminara “oficialmente” co principio da música contemporánea.
Concluíndo esta viaxe turbulenta polo século vinte, podemos ver que a música romántica desembocou nos comezos do século en moitísimas outras formas musicais, algunhas delas evolucionando aínda máis (por exemplo, o Modernismo á música contemporánea), e algunhas outras sendo abandonadas (Neoclasicismo). En realidade, non podemos concordar nun punto de terminación do concepto de música clásica, pero probablemente o máis acertado é que terminou coa Segunda Escola Vienesa, e cos compositores inspirados no Jazz, como Gershwin e Bernstein.
Concluíndo aínda máis, digamos que é subxetivo. Por iso non me gusta referir os meus gustos musicais como “clásicos”. A oscuridade do termo, xunto coa rica variedade de compositores e de movementos, fai que sexa unha palabra difícil de definir.
A lección que aprendemos hoxe, é que temos que usar a palabra con discreción.
Celebremos que tivemos compositores complicándonos a vida: explorando, redefinindo e destruíndo os límites da música e máis as súas convencións. A complexidade da música do século vinte é rica e chea, e hoxe só descubrimos a superficie. Pero, coma sempre, hai boa música para escoitar no camiño, e iso é o que importa.

Escrito en Inglés e traducido ó Galego por Carlos Rodríguez Otero.

Para ver o blog na súa forma orixinal en inglés visita: http://theclassicalmusicplace.blogspot.co.uk/
Rodríguez Otero, Carlos
Rodríguez Otero, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES