Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cadea de problemas

sábado, 07 de diciembre de 2013
Estamos de tal xeito inmersos no entramado social, que de cando en cando descubrimos que un amigo noso é á súa vez amigo de outro que tamén coñecemos. Existe unha cadea de amigos, e hai xa tempo cheguei a enunciar unha “Parábola das cereixas”, de xeito que cando un coñece un amigo, este trae outro, e así sucesivamente. Coma nas cereixas, non se pode coller un só, senón que os amigos van vindo encadeados.
Pois este tipo de cadeas tamén se poden formar entre empresas, con resultados nefastos.

Neste difícil momento, para que unha empresa sobreviva non é abondo con non ter problemas na cadea de producción, na comercialización ou na organización da súa actividade. Depende de xeito directo e total de que ningún dos seus clientes teña importantes problemas.

Todos coñecemos empresas con problemas que teñen que solicitar concurso de acreedores, plantear Eres ou tomar drásticas solucións para afrontar situacións límite. E cando esas solucións se plantean, os damnificados non son somente os propietarios e administradores, os traballadores ou as empresas auxiliares, senón que todos os acreedores dunha empresa en apuros pasan a ter tamén problemas, por impagos ou –aínda que se pretenda facer fronte ás obrigas- polas quitas que é preciso facer para a viabilidade da empresa.

Fórmase así unha cadea na que os problemas de unha empresa repercuten na seguinte e pode provocar repercusións noutras que non contaban cunha situación así. Son os produtos espúreos dunha situación de crise á que non lle vemos remate por moito que as cifras macroeconómicas parezan –eso din os políticos e os altos dirixentes económicos- estar cambiando de cor.

O entramado económico e empresarial forma estas cadeas de empresas, que complican aínda máis o panorama actualmente existente e evidencian que sair deste atolladeiro sairemos pero tardaremos en facelo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES