Noticias

Galicia envía ao Goberno central 16 alegacións ao Real Decreto que regula a eólica mariña e as enerxías do mar

A Xunta de Galicia presentou onte as súas alegacións ao Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar, presentado o pasado mes de febreiro polo Goberno central. Son un total de 16 propostas que se elaboraron tendo en conta as presentadas polos sectores pesqueiro e industrial, así como por parte de varios promotores e no marco do traballo que se vén realizando no Observatorio da eólica mariña de Galicia que se reuniu, por este motivo, o pasado 8 de marzo. 'Isto é o que pedimos ao Goberno central, que conte co sector primario que ten tanta importancia en Galicia, este desenvolvemento pode facerse con diálogo e sentido común', destacou hoxe a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana.

Segundo explicou, para Galicia hai tres cuestións básicas que se deben incluír nesta normativa. Por unha banda, o proceso de diálogo público-privado neste procedemento debe ser obrigatorio e non opcional. En segundo lugar, é preciso que a orde pola que se vaia regular a convocatoria de concorrencia competitiva ten que incluír medidas compensatorias para os sectores afectados. Por último, a valoración dos criterios non económicos dos proxectos (como a maior compatibilidade co medio mariño, ou as menores afeccións ao sector pesqueiro) ten que supoñer un 50%, polo menos, da ponderación total, fronte ao máximo do 30% recollido actualmente no proxecto de Real decreto.

Ademais destes aspectos, entre as alegacións presentadas, destaca a petición de que o prezo de reserva sexa sempre público (para achegar transparencia); que na comisión técnica de valoración participen expertos do Instituto Español de Oceanografía; a inclusión dun mecanismo de revisión e actualización tanto dos prezos ofertados como das medidas compensatorias; ou que se especifique cando comezan a contabilizarse os prazos de concesión.

Deste xeito, Galicia ratifica a súa postura de apoio ao desenvolvemento da enerxía eólica mariña sempre garantindo a compatibilidade cos recursos pesqueiros, co medio mariño e co medio ambiente, e incidindo na repercusión dos beneficios sociais e económicos que se teñen que quedar no territorio.

R., 2024-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES