Noticias

Arranca Acende o Camiño de Santiago, a iniciativa que ilumina este Nadal medio cento de monumentos emblemáticos da Ruta Xacobea

A iniciativa Acende o Camiño de Santiago enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico. Inclúense os beléns de Valga e de Begonte, ambos de interese turístico, xunto a outros situados en distintos lugares de Galicia, así como mercados navideños con artesanos, produtores, comerciantes que exhibirán e venderán os seus productos locais, pezas e colección de decoración nas principais cidades.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou hoxe na Igrexa de Santiago Apóstolo de Padrón Acende o Camiño de Santiago, a iniciativa coa que a Xunta de Galicia iluminará este Nadal ata o 8 de xaneiro de xeito especial medio cento de monumentos e edificios emblemáticos do Camiño de Santiago. Están situados nas catro provincias e dan continuidade ao programa que se levou a cabo durante os anos anos.

Deste xeito, ademais da Igrexa de Santiago Apóstolo en Padrón, na provincia da A Coruña, tamén se iluminarán distintos monumentos do Camiño Portugués, Francés, Inglés, de Fisterra e Muxía e da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. Serán, en concreto, a Capela de Santa María Madalena en Ames, a Capela da Magdalena en Arzúa, a Igrexa de Santiago en Betanzos, o Edificio de Correos na Coruña, a Igrexa de Santiago de O Burgo en Culleredo, a Casa do Concello de Fene ou o Teatro Jofre de Ferrol.

Na provincia tamén se iluminarán o Faro de Fisterra, a Capela de San Roque de Melide, a oficina de Turismo en Musxía e a Igrexa de Santa María de Ordes. Completan a listaxe o centro cultural Fernando Casas de Novoa en Oroso, o Torreón dos Andrade en Pontedeume, a Capela da Virxe de Guadalupe en Rianxo. En Santiago de Compostela iluminaranse tres edificios: o de San Caetano, a Torre da Berenguela da Catedral de Santiago e a Cidade da Cultura.

O Camiño Primitivo, de Inverno e o Norte, ademais do Francés, tamén contarán con algúns dos seus monumentos máis emblemáticos iluminados ao seu paso pola provincia de Lugo. En concreto, a Igrexa de Santiago Apóstolo en Castroverde, a Casa de Lemos en Chantada, a Igrexa de Santa María de A Fonsagrada, o Mosteiro Beneditino de San Salvador en Lourenzá, as catedrais de Lugo e de Mondoñedo, a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos, o Concello de Palas de Rei, a Igrexa de Santa María da Real do Cebreiro, a Igrexa de San Nicolás en Portomarín e a Casa do Concello de Triacastela e o Parador de Vilalba.

Na provincia de Ourense iluminaranse varios edificios da Vía da Prata e do Camiño de Inverno como o Concello de O Barco de Valdeorras, a Igrexa de San Martiño de A Gudiña, o Parador Castelo de Monterrei, a Catedral de Ourense e as Burgas, a Igrexa de Santo Estevo e a de Nosa Señora de Fátima en A Rúa. A campaña Acende o Camiño de Santiago chegará tamén á Torre do Reloxo de San Cristovo de Cea, a Igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia e a Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía.

O camino Portugués e o Portugués da Costa, xunto coa Vía da Prata e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla tamén terán monumentos iluminados na provincia de Pontevedra. Trátase da Capela Santa Liberata de Baiona, a Torre do Reló de A Guarda, a Igrexa de Santa María das Dores de Lalín, o Pazo de Mos, a Igrexa de San Xulián, a Igrexa de San Francisco, a Catedral de Santa María de Tui, a Delegación da Xunta e o Museo do Mar de Galicia en Vigo e a Igrexa de San Cibrao en Vilanova de Arousa.

Turismo

A iniciativa Acende o Camiño de Santiago enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico.

Inclúense os beléns de Valga e de Begonte, ambos de interese turístico, xunto a outros situados en distintos lugares de Galicia, así como mercados navideños con artesanos, produtores, comerciantes que exhibirán e venderán os seus productos locais, pezas e colección de decoración nas principais cidades. Outras opcións de lecer familiar así como grandes espectáculos como OVO do Circo do Sol que conta co apoio económico da Xunta de Galicia e que se celebrará do 3 ao 7 de xaneiro en Santiago, así como visitas especiais a recursos como o Pazo de Lourizán, son outras das propostas que están recollidas nunha guía que se pode consultar na web de Turismo de Galicia.

R., 2023-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES