Noticias

Cubertas na primeira fase de adxudicación o 83% das prazas de Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de adxudicar en primeira convocatoria o 83% das prazas ofertadas en ciclos de Formación Profesional para o vindeiro curso 2023-24 tanto de grao medio como superior. A lista definitiva desta primeira adxudicación está publicada no Portal Educativo. Agora, as persoas que resultaron seleccionadas nesta primeira fase dispoñen de prazo desde hoxe ata o próximo luns día 24 para efectuar a matrícula no ciclo correspondente. Una vez rematado o período, e seguindo o mesmo procedemento, a Consellería efectuará unha segunda (do 27 ao 31 de xullo) e terceira (do 1 ao 6 de setembro) adxudicación e matriculación para as prazas que continúen vacantes. Unha vez rematadas estas tres fases, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.

Atendendo ás modalidades, no réxime ordinario presencial foron adxudicadas o 83% das prazas, mentres que no réxime de adultos a distancia e semipresencial esta porcentaxe elévase ao 87% das prazas. No caso do réxime de adultos presencial é do 75%.

A oferta máis ampla da historia

Cómpre lembrar que o vindeiro curso Galicia vai contar coa oferta de FP máis ampla da historia, con 42.174 prazas de novo ingreso, o que supón que a Xunta de Galicia crea 4.500 prazas, un incremento do 12% respecto do ano académico que remata. En total, o catálogo está conformado por 182 titulacións diferentes entre ciclos, másteres de FP ou programas formativos para persoas con necesidades educativas especiais.

Os encontros sectoriais e territoriais do Plan Conecta FP Galicia e o contacto directo cos centros educativos foi a principal vía para elaborar a oferta, atendendo ás necesidades manifestadas tanto polos máis de 300 centros integrados e institutos participantes, como polas 10.000 empresas e 400 asociacións e clústeres que se implicaron no desenvolvemento destas reunións.

Froito da información recabada nestas xuntanzas, deseñouse unha oferta centrada en cubrir todas as necesidades existentes nos territorios, con medidas dirixidas a aumentar o número de prazas no rural, a incrementar o número de sectores, co crecemento en case todas as familias, e a fomentar a FP a distancia, a integración e os programas formativos básicos para o alumnado con necesidades educativas especiais.

R., 2023-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-catedral-sant.jpg) Tivo lugar a entrega de distintivos Q e S de Calidade Turística 2024 da Axencia de Turismo de Galicia. Este ano entregáronse 53 novas distincións Q de Calidade e 39 S de Sostibilidade. Actualmente, Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis distintivos Q e a cuarta de distintivos S. O sector turístico galego atravesa un dos seus mellores momentos, con cifras récord no 2023 e cada vez máis diversificado e desestacionalizado, e con máis de 1,3 millóns de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos turísticos galegos nos primeiros catro meses do ano e á crecente tendencia á internacionalización do destino, cun crecemento do 5% do número de turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia no que vai de ano.
Foto de la tercera plana (universidade-estudante.jpg) Un total de 106 universitarios que remataron os seus estudos no ano 2023 veñen de ser galardoados cos Premios fin de carreira pola súa excelencia académica. Así o recoñece a Xunta de Galicia, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución con estas distincións. O 62% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 52 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela, 35 á de Vigo e 19 á da Coruña. Os mellores expedientes distribúense entre 64 titulacións nos diferentes campus.

Notas

O profesor do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña, José Antonio Orosa García, e Ander Ruiz Zardoya, doutorado pola UDC, acaban de ser galardoados pola revista especializada do ámbito mariño Journal of Marine Science and Engineering (JMSE) (Q1), polo seu artigo 'Methodological Design Optimization of a Marine LNG Internal Combustion Gas Engine to Burn Alternative Fuels'.
Tivo lugar o xoves 30 de maio no salón de plenos de Concello de Paradela a reunión do xurado do XXIX CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ, que organiza o propio Concello. Os primeiros premios foron para LUIS LEXANDEL P. G. (CUBA) na categoría de poesía; CRISTÓBAL S. P. (PONTEVEDRA) en narrativa, e JESÚS C. N. (SANTIAGO DE COMPOSTELA) na categoría Camiño de Santiago.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES