Noticias

O programa Territorio Cultura amplíase con 15 proxectos en 57 concellos do rural

Os proxectos abranguen accións de exhibición, divulgación, formación ou concienciación social e medioambiental, dirixidas a públicos moi diversos en ámbitos como a danza, o teatro, a música, o audiovisual, a literatura, as artes plásticas, o patrimonio inmaterial ou a innovación cultural. Todas elas responden á finalidade de reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis alá dos grandes núcleos urbanos e contribuír a incrementar a actividade cultural nas contornas rurais. Búscase activar procesos culturais nestas zonas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, estables e de calidade.

A Xunta de Galicia suma 15 novos proxectos de dinamización do rural galego ao seu programa Territorio Cultura, no marco do que contribúe a ampliar e diversificar a oferta cultural galega en áreas non urbanas. Coa resolución desta segunda quenda de subvencións ao abeiro deste fondo. As axudas de 660.000 euros -aproximadamente a mesma cantidade o ano pasado- diríxense a empresas privadas que desenvolverán unha trintena de propostas en 85 concellos das catro provincias.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, mantivo esta mañá na Cidade da Cultura unha reunión de traballo cos responsables destas iniciativas para coñecer máis en detalle os seus obxectivos e contidos. Aproveitou, así mesmo, para felicitalos por apostar pola cultura como motor de revitalización do rural, que se deixa notar tamén nos ámbitos social, turístico e económico.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu tamén a esta reunión, na que participaron as 11 empresas subvencionadas na segunda convocatoria destas axudas, así como os representantes dos catro concellos apoiados: Cerdedo-Cotobade, A Pobra do Brollón, As Pontes de García Rodríguez e Sarria.

Os proxectos abranguen numerosas accións de exhibición, divulgación, formación ou concienciación social e medioambiental, dirixidas a públicos moi diversos en ámbitos como a danza, o teatro, a música, o audiovisual, a literatura, as artes plásticas, o patrimonio inmaterial ou a innovación cultural.

Todas elas responden á finalidade de Territorio Cultura no sentido de reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis alá dos grandes núcleos urbanos e contribuír, deste xeito, a incrementar a actividade cultural nas contornas rurais. Ao tempo, búscase activar procesos culturais nestas zonas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, estables e de calidade, no eido cultural.

Modalidade para empresas culturais

Ao igual que na primeira convocatoria de 2022, as axudas desta segunda quenda distribúen entre dúas modalidades unha dotación de máis de 660.000 euros ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU.

A través da primeira delas, destinada á iniciativa privada, apóianse 11 novas propostas, entre as que se atopan Territorio Novoneyra como parte da programación expandida do VIII Festival dos Eidos, que inclúe actividades literarias en seis concellos da montaña lucense; o proxecto de danza Creación, investigación, redes e territorio, impulsado por A Casa Vella en Allariz, Baños de Molgas, A Bola, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía; Os andares, para a realización de documentais en formato audiopaseo nos concellos dos Ancares lucenses; Laboratorio mutante para a ecoloxía dos saberes, ideado por Outonía como unha proposta participativa de innovación cultural que se despregará en oito municipios de Lugo e Ourense; Mariña inmaterial, organizado por Ouvirmos para a recollida de patrimonio inmaterial en centros de maiores de Cervo, Barreiros, Trabada, O Valadouro e Xove cara á súa posterior difusión en diferentes formatos; e Cóntame un mundo, en localidades de oito concellos das provincias da Coruña, Lugo e Ourense, centrado tamén na recollida da tradición oral a través de foros con persoas da terceira idade e na súa transmisión ao resto de xeracións.

Tamén se atopan nesta listaxe Aldea Nova Ribeiro-Ribeira en Carballedo, Chantada, Leiro, Monforte de Lemos e O Saviñao, con experiencias que vinculan o medio ambiente coa arte e a ciencia; Cinema circulante, para lle achegar o mundo audiovisual ao público dunha decena de concellos lucenses e ourensáns; Lugares vivos, cunha programación que mestura o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra coa música; A gárgola no rural, espectáculo multidisciplinar de A Xanela do Maxín arredor do que se desenvolverán diferentes accións de formación, difusión cultural e exhibición na Capela, Lousame, Meis, Toques e Zas; e Xacobeo Clarinet Fest, con concertos e cursos sobre este instrumento, que terá lugar en Lalín.

Categoría para concellos

Na modalidade para entidades locais, os adxudicatarios foron os concellos de Cercedo-Cotobade, cun proxecto de difusión da música de raíz baixo o título Cercedo-Cotobade en sons; A Pobra do Brollón para un programa descentralizado que inclúe concertos, regueifas, foliadas, romarías e obradoiros; As Pontes de García Rodríguez con De ponte a ponte, que organizará accións teatrais, de narración oral, música e poesía a carón das pontes históricas que unen algunhas das súas parroquias; e Sarria co festival A cultura do chocolate, con concertos, cinema, contacontos, obradoiros e showcookings, co chocolate como fío condutor.

R., 2023-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES