Noticias

Galicia pechou o 2022 cunha execución do orzamento consolidado do 99 %

Galicia pechou o 2022 cunha execución do orzamento consolidado do 99 %; un déficit orzamentario de 293 millóns de euros, o que representa o 0,4 % do PIB e dúas décimas menos do inicialmente previsto; e cunha ratio débeda/PIB do 17,2 %, o que supón tres décimas por debaixo do previsto. Outra das magnitudes que permiten analizar a xestión orzamentaria e a sustentabilidade das finanzas públicas é o aforro bruto, medido como a capacidade da financiar gastos de capital con ingresos correntes. Este indicador mostra que as finanzas galegas reservan en torno ao 5 % dos seus ingresos correntes (470 millóns de euros) para financiar operacións de capital que contribúen á mellora económica de Galicia no medio prazo.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a estabilidade orzamentaria e a planificación como claves para xerar credibilidade e confianza.

O titular da Facenda autonómica compareceu hoxe no Pleno do Parlamento para informar do peche do exercicio 2022 onde sinalou que os orzamentos do ano pasado cumpriron os seus obxectivos finalistas, así como tamén a súa función financeira.

Nesta liña, aproveitou a súa intervención para poñer en valor o compromiso de toda a sociedade galega, que fixo posible que a comunidade consolidase o crecemento económico logo da crise sanitaria e recuperase o PIB prepandemia no cuarto trimestre do ano pasado.

Galicia pechou o 2022 cunha execución do orzamento consolidado do 99 %; un déficit orzamentario de 293 millóns de euros, o que representa o 0,4 % do PIB e dúas décimas menos do inicialmente previsto; e cunha ratio débeda/PIB do 17,2 %, o que supón tres décimas por debaixo do previsto.

Outra das magnitudes que permiten analizar a xestión orzamentaria e a sustentabilidade das finanzas públicas é o aforro bruto, medido como a capacidade da financiar gastos de capital con ingresos correntes. Este indicador mostra que as finanzas galegas reservan en torno ao 5 % dos seus ingresos correntes (470 millóns de euros) para financiar operacións de capital que contribúen á mellora económica de Galicia no medio prazo.

En canto ao esforzo investidor, o ano pasado Galicia destinou o 13 % do total do gasto non financeiro a investimentos; e ademais foi a segunda comunidade autónoma que pagou aos seus provedores con maior axilidade, nunha media de 14,9 días. Esta axilidade beneficia ás empresas, pois evita problemas de liquidez e ao conxunto da cidadanía, porque moitos destes provedores son pemes e autónomos.

R., 2023-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES