Noticias

O Festival Resis reunirá na Coruña entre o 15 de abril e o 6 de maio a destacados interpretes da música contemporánea internacionais

O Festival RESIS, creado no 2018 polo compositor coruñés Hugo Gómez-Chao é un extraordinario evento artístico que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda co patrimonio e os espazos naturais da Coruña, achegando a música contemporánea á cidadanía. A cita musical, considerada como un dos mellores eventos de música contemporánea de España, mantén o alto nivel dos programas anteriores.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación da sexta edición do festival de música contemporânea RESIS, que arrancará o vindeiro 15 de abril aata o 6 de maio na Coruña e que contará con destacados intérpretes nacionais e internacionais en distintos concertos, mesas redondas ou máster class e que incluirá, ademais, un proxecto didáctico inclusivo para persoas con discapacidade visual, entre outras actividades.

O delegado da Xunta, salientou a aposta do Goberno galego por este festival para promover entre todos os públicos a cultura contemporánea, impulsar a investigación e debate e promover o talento.

Neste sentido, o representante do Goberno galego explicou que o apoio ao RESIS insírese no traballo que se está a realizar desde a Xunta por impulsar a proxección artística profesional de novos autores apoiando a consolidación das súas carreiras a través de premios, certames e apoio a ciclos musicais como o presentado hoxe que, entre outras accións, incluirá algúns dos traballos de novos artistas xurdidos ao abeiro do programa de residencias artísticas do Gaiás.

Valorou tamén que o RESIS promova o intercambio profesional se celebre en distintos espazos públicos, singulares e de acceso gratuíto da Coruña algo que contribuirá, engadiu, a estender e promover a cultura entre todos os públicos.

O Festival RESIS, creado no 2018 polo compositor coruñés Hugo Gómez-Chao é un extraordinario evento artístico que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda co patrimonio e os espazos naturais da Coruña, achegando a música contemporánea á cidadanía.

A cita musical, considerada como un dos mellores eventos de música contemporánea de España, mantén o alto nivel dos programas anteriores.

As entradas aos distintos concertos e actividades serán totalmente gratuítas ata completar aforo. Con todo, nalgúns casos será necesario reservar as entradas, sen custo, en ataquilla.com ou recollelas presencialmente no quiosco da praza de Ourense.

R., 2023-03-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES