Noticias

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ofrece un milleiro de prazas de formación certificada e especializada a través de 47 cursos

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) iniciou xa a programación formativa deseñada para o primeiro semestre deste ano, que ofrece un total de 1.000 prazas de cualificación certificada e especializada a través de 47 cursos, así como a organización de 39 xornadas técnicas centradas na innovación e o sector tecnolóxico. Os 47 cursos están a impartirse nas modalidades presencial, virtual e de teleformación e, ao seu remate, as alumnas e alumnos teñen a opción de recibir unha certificación, tanto as persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como as persoas traballadoras nun centro emprazado en Galicia.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) iniciou xa a programación formativa deseñada para o primeiro semestre deste ano coa que a Xunta de Galicia ofrece un total de 1.000 prazas de cualificación certificada e especializada a través de 47 cursos, así como a organización de 39 xornadas técnicas centradas na innovación e o sector tecnolóxico.

A formación que se imparte neste centro, que depende da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai en liña coa aposta que está a facer o Goberno galego para formar a persoas demandantes de emprego e traballadoras nos sectores nos que na actualidade existen vacantes laborais.

Os 47 cursos están a impartirse nas modalidades presencial, virtual e de teleformación e, ao seu remate, as alumnas e alumnos teñen a opción de recibir unha certificación, tanto as persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como as persoas traballadoras nun centro emprazado en Galicia.

A través destas accións ofértanse formacións que permiten a persoas desempregadas e ocupadas doutros sectores obter novas cualificacións para incorporarse ao mercado laboral no sector tecnolóxico, como é o caso dos cursos de Introdución a Java e de Introdución a bases de datos relacionais. Tamén impártense cursos especializados sobre xestión de solucións na nube; de xestión avanzada de redes; de administración de sistemas; de análise e ciencia da datos; de organización, metodoloxía e xestión áxil de proxectos; ou de programación en linguaxes innovadoras.

Con respecto ás xornadas, comezaron o pasado día 22 cunha sesión impartida polo experto en ciberseguridade de CISCO, profesor da Universidade da Coruña e coordinador do máster de Ciberseguridade, Francisco Javier Novoa, que versou sobre como deseñar un acceso a Internet tolerante a fallos nas redes corporativas das organizacións.

Esta primeira xornada terá continuidade na semana do 6 de marzo con 3 novas charlas, que versarán sobre o deseño escalable de redes; as novidades das linguaxes de programación máis usadas, Java; e as posibilidades das linguaxes de programación con máis potencial na análise de datos, Python.

As 39 xornadas que se desenvolverán ao longo deste primeiro semestre terán lugar de xeito presencial, en horario de tarde e achegarán dun xeito práctico temáticas tan innovadoras e tan de releve no mundo tecnolóxico como as solucións na nube, o deseño seguro de redes, a ciencia de datos, os sistemas de análise de datos e axuda a toma de decisións, a intelixencia artificial ou as novidades nas linguaxes de programación máis empregadas.

As xornadas son gratuítas para os asistentes, que reciben ao finalizar a sesión unha certificación de asistencia, coa duración e o contido da formación recibida.

A formación que se imparte no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia conta cun alto recoñecemento entre as empresas e os traballadores do sector tecnolóxico, e cunha alta demanda, que está a superar en cinco veces a oferta de prazas. Na liña de atender dita demanda, o CNTG está a traballar no deseño e programación dunha oferta para o período 2023/2024 que atenda de xeito satisfactorio as demandas formativas do ecosistema empresarial TIC galego.

R., 2023-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES