A corporación do concello de Teo felicitou ao ciclista Ezequiel Mosquera polos seus éxitos deportivos, e especialmente pola magnÃfica quinta posición obtida na clasificación xeral da Volta Ciclista a España nunha recepción oficial. Durante o acto, celebrado no Salón de Plenos do Concello o deportista saudou a todos os membros da corporación e asinou no libro de honra de Concello.
O alcalde Martiño Noriega, fÃxolle entrega a Ezequiel dun libro chamado 120 anos de ciclismo galego “co convencemento de que o nome de Mosquera apareza en próximas revisións da obra”. O primeiro edil explicou “como durante a Volta nos emocionamos, nos ilusionamos, vibramos e sufrimos con Ezequiel”. O libro, de Xerardo González, está asinado polos portavoces de todos os grupos municipais.
O deportista, acompañado da súa familia e algúns amigos, agradeceu este recoñecemento por parte do seu concello. Ademáis recoñeceu sentirse “desbordado por todas as actividades posteriores ao remate da Volta”. Asimismo asegurou que o máis agradable “é o recoñecemento da xente de aquÃ, do teu concello”. Mosquera fixo entrega ó alcalde dun maillot do equipo Karpin Galicia asinado por él.
Ezequiel Mosquera naceu en Cacheiras o 19 de novembro de 1975. Comezou no ciclismo como profesional “tarde” segundo él mesmo recoñece. Debutou como profesional no equipo portugués Paredes Moveis no 1999. Desenvolveu parte da súa carreira como profesional en equipos portugueses, Paredes Moveis, Cantanhede e Boavista, ata que en 2005 se integra no Kaiku. No ano 2006 pasa a formar parte do equipo Comunidad Valenciana. Pero sen dúbida é no Karpin Galicia, este ano, onde colleita os seus maiores éxitos como ciclista profesional.
Do seu palmarés destaca o quinto posto na recente Volta Ciclista a España, gañar unha etapa da Volta á Rioja no 2005, facerse coa Clasica de Primavera de Portugal en 2002, e acadar o primeiro posto nunha etapa da Vuelta a Tierras de Santa MarÃa no 1999.
A pesar da intensidade destes dÃas, Ezequiel Mosquera, continúa enriba da bici. Este mediodÃa falábamos con él e comentaba que estaba “paseando na bici”. A partires de decembro voltará a adestrar “de cara a próxima tempada” explicaba. Entro outras anécdotas que nos contou destacaba que “o 2 de setembro foi a primeira vez que pasei por diante da miña casa como profesional”. O pasado 2 de setembro na segunda etapa da Volta ciclista a España, que trascurreu entre Allariz e tivo meta en Santiago, os corredores e o propio Ezequiel pasaron por diante da casa do ciclista en Cacheiras. E “seguramente este feito non volva a acontecer, non hai mais que pensar o tempo que facÃa que a Volta non pasaba por Galicia” explicaba Ezequiel. Tamén recordou con emoción “o que me tiñan preparado ese dÃa 2 de setembro os amigos e a familia”.