A aula teatral do campus de Ourense estrea en Portugal a súa nova produción
Cada curso académico, a Aula de Teatro do Campus de Ourense Maricastaña crea unha obra teatral coa que logo xira por diferentes festivais e espazos escénicos da penÃnsula ibérica. Despois de varios meses de traballo, a produción deste ano xa está lista. Trátase de Desequilibrios, que acaba de ser estreada en Portugal, no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior, onde acadou o premio do público.
A aula arrancou en outubro a súa actividade formativa, na que participa arredor dunha ducia de persoas e que se desenvolve semanalmente nas instalacións do campus de Ourense a cargo dos membros de Sarabela Teatro Fina Calleja, Sabela Gago, Flor Figueroa, Elena Seijo e Fernando Dacosta, o seu director. Froito destes meses de traballo, preséntase Desequilibrios, con dramaturxia, escenografÃa e dirección de Fernando Dacosta e inspirada libremente no libro Alguén voou sobre o niño do cuco, de Ken Kesey.
Unha historia de amizade, de revolta, de represión
Ambientada nun manicomio que “está obsoleto” e no que o “tratamento de shock que reciben as persoas dÃscolas está sendo cuestionado”, a obra propón unha “historia de forzas en oposición: as daquelas persoas que teñen o poder e queren perpetuarse nel e as que o cuestionan desde a súa loucura”. Desequilibrios é, engaden desde a súa organización, unha “historia de amizade, de revolta, de represión, de creatividade, de amor, de liderado, de sacrificio” que contén humor e morte, comedia e traxedia, “como a vida mesma”. A peza, apunta Fernando Dacosta, “pon diante de nós os desequilibrios que afrontamos cada dÃa. O lado da balanza no que decidamos poñernos é cousa nosa”.
A obra foi presentada recentemente no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal), onde acadou o premio do público. “Estamos moi agradecidos pola acollida do Teatr'Ubi e de Covilhã”, comenta Fernando Dacosta, dando os parabén á organización do festival e ás compañÃas participantes. Satisfeito por ter acadado o recoñecemento do público nesta estrea, subliña que “seguir e poder estar é o premio”. A próxima cita de Desequilibrios será nos escenarios galegos, a principios de maio, na celebración da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense Miteu.
Universidade de Vigo, 2024-03-20
Actualidad
Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o paÃs) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.
Notas
A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o DÃa das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o dÃa 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a BahÃa de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.