Notas de prensa

Presentación de 'A Paradela dos máis novos' e lembranza de Eduardo Rey no Instituto Gregorio Fernández

Este xoves, 30 de novembro, ás 10,30 h, na Biblioteca do Instituto Gregorio Fernández de Sarria, foi presentado o libro A PARADELA DOS MÃIS NOVOS, editado polo Concello de Paradela con motivo do seu bicentenario, e no que colaboraron os alumnos do Ceip de Paradela e os alumnos de Paradela que cursan estudos nos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández.

Nos Institutos sarrianos cooordinaron os traballos dos alumnos os profesores Lola Chaos (Xograr Afonso) e Eduardo Rey (Gregorio Fernandez), e como este último faleceu de forma repentina ao remate do pasado curso, esta presentación foi tamén unha lembranza de agradecemento a este benquerido profesor.

O acto foi coordinado por Ana Valín, coordinadora de Galego do Instituto Gregorio Fernández, e nel interviñeron José Manuel Mato (alcalde de Paradela); Xulio Xiz (que dirixiu o libro); Lola Chaos (Coordinadora no Ies Xograr Afonso), alumnos colaboradores do libro de ámbolos dous institutos, e Marta Ferreiro, Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia.

Asistiron os alumnos paradelenses do Xograr Afonso e Gregorio Fernández, entreles varios dos participantes na confección do libro, que recibiron cadanseu exemplar da publicación.

Egeria, 2023-11-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES