Máis dun centenar de investigadores da UDC e Navantia, involucrados a través do Centro Mixto de Investigación no desenvolvemento do estaleiro do futuro
A clave do éxito do CEMI, o Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, está en reunir talento e experiencia. O equipo involucrado no programa supera as 100 persoas, 52 da Universidade da Coruña e 47 da compañÃa pública, ás que haberÃa que engadir outras que se integran nos grupos de traballo a través das subcontratacións necesarias para determinados proxectos.
Igual que Navantia é unha industria de sÃntese, na que cada produto é o resultado da integración de diversos equipos fabricados por outras compañÃas, o CEMI ten o reto de obter a mellor solución ensamblando o coñecemento e a experiencia de perfÃs diferentes. Despois de que o seu antecesor, a Unidade Mixta de Investigación, UMI, UDC-Navantia lograse éxitos moi significativos co traballo en común do persoal da Universidade e a empresa, agora trátase de intensificar a hibridación dos equipos de traballo. Nesta fase do Centro Mixto de Investigación plantéxase o desafÃo de ir más alá en canto á interdisciplinariedade dos equipos.
A UDC asignou aos proxectos do CEMI 28 investigadores que forman parte do seu persoal. Deles, a maiorÃa son doutores e doutoras en FÃsica, EnxeñarÃa Industrial, EnxeñarÃa Informática ou EnxeñarÃa Naval e Oceánica e nove son catedráticos de universidade. Son perfÃs cunha longa traxectoria no ámbito tecnolóxico e cientÃfico, que suman máis de 800 artigos publicados en revistas cientÃficas e que participaron ou dirixiron máis de 400 proxectos de investigación.
A estes 28 investigadores sénior engádense outras 27 persoas contratadas pola Universidade a tempo completo, con perfÃs correspondentes a máster en enxeñarÃa, enxeñarÃa técnica, grao en enxeñarÃa ou grao ou licenciatura en ciencias aplicadas. Deles, a metade son novas incorporacións e a outra metade continúan en postos creados no marco da anterior UMI.
Pola súa banda, Navantia asignou 47 persoas aos diferentes proxectos de investigación que está a desenvolver o CEMI. Catro delas dedÃcanlles o 51% da súa xornada de traballo, mentres que o resto destina entre un 5% e un 15% da mesma a tarefas que abranguen diversos ámbitos como o control de calidade, o apoio ao ciclo de vida, a trazabilidade, o control estatÃstico de procesos, inspección ou laboratorio, entre outros.
Os perfÃs de Navantia corresponden tamén a persoas cunha alta cualificación. Titulados e tituladas en Ciencias QuÃmicas, EnxeñarÃa Naval e Oceánica, Deseño Industrial, EnxeñarÃa Técnica Naval, EnxeñarÃa Técnica Industrial en Electrónica, en Mecánica, EnxeñarÃa de Camiños, Automática ou Telecomunicacións. No equipo hai tamén un doutor enxeñeiro industrial. En conxunto, o persoal que a empresa pública imputou ao programa do CEMI suma máis de 700 anos de experiencia na compañÃa pública en áreas de alta especialización.
Universidade da Coruña (UDC), 2023-11-27
Actualidad
Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o paÃs) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.
Notas
A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o DÃa das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o dÃa 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a BahÃa de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.