Notas de prensa

As composicións 'Sensacións do Morrazo' e 'El Peregrino' acadan os premios do II Certame de Paisaxe Sonora

O II Certame de Paisaxe Sonora, unha iniciativa a prol do fomento da creatividade promovida pola USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo, distingue as obras ‘Sensacións do Morrazo’, de Carlos Suárez, e ‘El Peregrino’, de Luz María Salgueiro e Diego Sanmartín.

O xurado encargado de fallar os galardóns do II Certame de Paisaxe Sonora, ao que concorreron un total de 16 propostas, acordou asemade destacar como pezas finalistas as composición ‘Raposo’, de Anne Lepere, ‘As Pontes da Ulloa’, de Jesús Otero Seoane, e ‘Navegando’, de Eloísa Matheu Cortada.

Alén dos galardóns outorgados polo xurado do II Certame de Paisaxe Sonora, un tribunal formado por Xoán Xil López Rodríguez, Arturo Vaquero Taboada e Marco Antonio Maril Pardo, o Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) agasallou co Premio honorífico Inmaculada Cárdenas GCSUS 2023 a ‘El Peregrino’.

Asemade os responsables do GCSUS, Efraín Díaz, Inmaculada Cárdenas e Mónica Ãlvarez, acordaron conceder cadansúa mención de honra a outras tres pezas. Daquela, o GCSUS outorgou este recoñecemento ás obras ‘RaposoÂ’ e ‘Sensacións do MorrazoÂ’, ao tempo que salientou a “calidade das gravacións e a capacidade para xerar sensacións” da peza ‘NavegandoÂ’.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES