Notas de prensa

Investigadores do CINBIO buscan desenvolver unha tecnoloxía capaz de multiplicar por dez a capacidade actual de almacenamento da información

O Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticose adscrito ao Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo, é un dos socios do proxecto europeo Fascomet, un ambicioso traballo financiado con 1,6 millóns de euros dentro do programa Horizonte Europa, co que se tratará de avanzar no desenvolvemento dunha tecnoloxía capaz de multiplicar por dez a capacidade actual de almacenamento da información, cun custo inferior ás tecnoloxías habituais.

“Dende os milleiros de fotografías que facemos cos nosos smartphones todos os días ata o big data e a intelixencia artificial, o enorme ritmo de crecemento da xeración de datos provoca que as tecnoloxías que se empregan na actualidade queden moi curtas para atender as necesidades, tanto sociais coma empresariais e técnicas”, subliña Liz Marzán, director do Laboratorio, quen explica que a idea xeral deste proxecto consiste en explorar novas metodoloxías que permitan mellorar a capacidade actual de almacenamento de información.

Un traballo “pouco convencional” que propón o almacenamento nun sistema líquido

Coordinado desde a Universidade Católica de Lovaina (KU Leuven), en Bélxica, e con socios de tres países -Bélxica, España e Francia- o proxecto Fastcomet, Future Data Storage Using Colloidal Memory Technology, celebrará mañá mércores, en liña, a súa reunión de lanzamento. Por diante quédanlle tres anos de intenso traballo nos que se tratará de desenvolver, tal e como subliña o profesor Liz Marzán, “unha idea pouco convencional” que consiste en almacenar información nun sistema líquido. “En concreto, vanse fabricar ‘nanocapilares’ nos que se introducirán a vontade distintos tipos de nanopartículas en suspensión, mediante forzas ópticas (manipulación con láseres)”, salienta o director do laboratorio. “Polo tanto, cada capilar sería un píxel de información e a combinación de nanopartículas sería o código que almacena cada píxel. Dado que as nanopartículas teñen propiedades ópticas características, a súa combinación dará a información necesaria para ‘ler’ cada código”. O obxectivo último da implementación desta tecnoloxía será acadar densidades de almacenamento de, polo menos 100 Gbit por milímetro cadrado, dez veces maior que o récord actual.

Para que esta tecnoloxía funcione será preciso, segundo indica Liz Marzán, que as nanopartículas se fabriquen cunha “pureza exquisita, en termos de tamaño e xeometría, de xeito que as súas propiedades ópticas sexan tamén idénticas de unhas a outras”. Este é o reto que ten agora por diante o equipo do Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticos, para o que contarán co apoio de todo o equipamento dispoñible tanto no CINBIO como no CACTI.

Desde España participan no proxecto, ademais da UVigo, a Universidade Autónoma de Madrid e o Institut Quimic de Sarrià da Universitdat Ramon Llull.

Laboratorio pioneiro que aplica métodos inspirados na natureza

O Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticos aplica métodos inspirados nos principios de deseño da natureza para desenvolver estratexias para a síntese e autoensamblaxe de nanomateriais con dimensións, morfoloxía e propiedades personalizadas moi precisas. A súa actividade céntrase, “aínda que non se limita”, nos nanomateriais plasmónicos, explorando unha ampla gama de aplicacións, como detección, imaxe, catálisxe, xestión de enerxía e campos biomédicos.

Universidade de Vigo, 2023-11-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES