Notas de prensa

Crowfunding para reconstruir Asteleiros Fra

Os Asteleiros Fra son os máis antigos asteleiros de ribeira de Galicia, tendo máis de dous séculos de existencia, xa que se sabe que en 1806 xa construian barcos para a pesca. Están en San Ciprián, na costa de Lugo, e o seu director é Francisco Fra Rico, pertencente á séptima xeneración familiar dedicada á construción artesá de barcos. Ademais da construción de barcos, realizan tamén un importante labor pedagóxico.

Neste senso, organizan visitas guiadas para os interesados en coñecer a carpintería de ribeira, e dan cursos para conseguir informar e formar de maneira que non se perda este oficio tan galego, esencial para a nosa costa e as súas xentes.

Un incendio que se sabe provocado destruíu as instalacións deste asteleiro, e a Familia Fra acode por todos os medios ao seu alcance para intentar conseguir axudas e volver a poñer en funcionamento estas instalacións.

Ata este momento, levan conseguido 11.590 euros, nunha primeira fase da campaña que esperan completar na primeira quincena do mes de setembro, e aínda que a cantidade é só simbólica a efectos da reconstrución, están moi satisfeitos pola resposta dos simpatizantes coa súa iniciativa, agradecen todas as aportacións, e solicitan que se continúe coas axudas por modestas que sexan, xa que todas serán decisivas á hora de conseguir que siga con vida este histórico asteleiro que alguén quixo borrar do mapa, pero o asteleiro e a familia que o sostén non van permitir que morra, coa axuda de toda a xente con boa vontade que queira apoialos.

Máis información: https://www.youtube.com/watch?v=Xn7z4fUThXI

Asteleiros Fra, 2023-08-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES